BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
LÓPEZ PELÁEZ, Antolín (1895): El gran gallego. Andrés Martínez Salazar, editor, La Coruña. PENSADO, X.L.(1978): ?Feijoo e Sarmiento: dúas vidas en paralelo? en Grial, 60,1978,133134. SARMIENTO, Fr. Martín (1975): Viaje a Galicia (1745). Edición e estudio de J.L. Pensado, Universidad de Salamanca. SARMIENTO, Fr. Martín (1990): A viaxe de Fr. M. Sarmiento a Galicia en 1754. Edición e índices de Xosé Luís Pensado Tomé. Textos autógrafos de Fr. M. Sarmiento, Lectorado Galego de Salamanca. Dirección Xeral de Política Lingüística (Xunta de Galicia) e Área de GalegoPortugués (Universidad de Salamanca). SARMIENTO (1995): Fr. Martín Sarmiento. Epistolario. Disposto por Xosé Filgueira Valverde e Mª Xesús Fortes Alén. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. SARMIENTO (2002): Sobre a lingua galega. Antoloxía. Fr. Martín Sarmiento. Selección, introducción, edición, notas e índices de Henrique Monteagudo. Galaxia, Vigo.
NOTAS
1. Agradezo á Biblioteca Nacional de Madrid e mais á Madre Abadesa de Santa Clara de Pontevedra a fotocopia dos manuscritos que aquí se publican. Esta é unha idea constante en Sarmiento. E por iso el foxe, cando escribe, do castelán académico ese híbrido castellano de la moda, que se escribe y no se habla, y que si se lee en algún concurso de castellanos ? todos se quedan en ayunas (SARMIENTO:1999,353) porque escribe de todo asunto científico coas palabras máis sinxelas posibles. Hoxe dirían os entendidos que era, precisamente por iso, un gran comunicador. (PENSADO 19721995,60). Usa moitas veces a anécdota que fai irrebatible unha razón. Así, cando quere satirizala insaciabilidade dos escribáns conta o caso da tecelana que estaba cun home na cama, quizais un superior, e pídelle que lle faga un fillo especial, con estas palabras: Fágamo ustede con as perniñas largas, que o quero para tecelán. E Sarmiento explica que o tecelán é o que tece panos. Parece unha cousa de Castelao pola súa fondura. Pero Sarmiento aínda lle bota a súa pinga de vinagre engadindo que, se ela fose herdeira dun posto administrativo, non pediría fillo con pernas longas, senón que diría fágamo coas uñas largas, que o quero para escribán (PENSADO 19721995,48). Esta insólita mestura de erudición científica coa verba popular converte os seus escritos en dinamita dialéctica. Prefería o silencio á mentira. Tamén esta razón o empuxou a non publicar. Obviamente refírese á Reforma dos frades Benedictinos (de hábito negro) e Cistercienses (de hábito branco). A edición de FilgueiraFortes sinala 208 (aínda que a 208 é con mínimas variantes a 131). 1728. Quiso el Ilmo. Feijoo que yo corrigiese sus tomos. Corregí todos sus tomos hasta su muerte, y formé 14 índices, cada uno dos pliegos. 27 pliegos. Con esta ocasión mantuve correspondencia epistolar, y por el cajón que conservo de sus cartas, se conocerá cuantos pliegos le habré escrito yo en mis cartas por tantos años. (Catálogo de Pliegos. Col. Dávila I,1ª, ms. 20374, fol 102r). Citado por PENSADO (1978,60,148). A Sarmiento non lle gustaba recibir nin escribir cartas, primeiro porque na época era o destinatario quen pagaba o envío. Aínda que no Perú xa o pagaba o remitente, os selos, que son unha forma de pago previo, nacen a mediados do XIX. Las cartas son muy semejantes á las visitas, pues son unas visitas por el correo. Por esta razón, los que censuran mi conducta en orden á las visitas, estiran también esta censura á las cartas. Publican que ó no las recibo, ó no las abro, ó no las leo, ó no respondo á ellas, ó todo. Digo que todo es una mentira garrafal desde la cruz á la fecha. ¡Ojalá no hubiese recibido, ni respondido á tantas, y tendría más dinero para libros, más tiempo para leerlos, y más quietud interior para meditarlos. Y estoy arrepentido de no
3.
2.
4. 5.
Nº 363
90