BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
la, en 1929, pasados máis de vinte anos desde a estrea d'A Ponte, Lugrís atribuía o fracaso da Escola Rexional a tres factores: liortas internas, desprotección dos poderes públicos e desleixo dos escritores que non colaboraran. Sobre isto último engadía:
Los escritores no respondían al llamamiento para la trascendental y patriótico combate a que se les invitaba. Aparecieron mas tarde, cuando ya la Escuela regional no existía, otros escritores. Algunos tan notables como Cabanillas y Cotarelo Valledor; aunque no con la tendencia de aplicar el fuerte cauterio, que yo preconizaba á los problemas gallegos. Perdí la batalla (Lugrís Freire 1929).
A importancia de Manuel Lugrís na historia do teatro galego é axial, tanto pola súa influencia en escritores máis novos, como Xesús San Luís Romero ou Antón Vilar Ponte, como polo éxito de público, pois queremos chamar a atención sobre o feito de que, até 1915, cada vez que se presentou un grupo novo, fíxoo cunha obra del. Isto débese a que Manuel Lugrís Freire era, non só o mellor dramaturgo do momento, senón tamén o que máis gustaba ao público. A súa obra non tiña nada que envexar á dos dramaturgos españois que escribían teatro social; de feito, a prensa cubana informou de que Joaquín Dicenta estaba traducindo A Ponte, e temos documentado (Tato Fontaíña 1999) que a Compañía Hamponera representou en español, na Coruña e en Ferrol, tanto este drama como Mareiras. Euxenio Carré (2006) tamén deixou constancia da tradución ao español de Minia e Esclavitú. De todos os xeitos, para acabar con esta pequena aproximación ao que significou Manuel Lugrís Freire na historia do teatro galego, o mellor será reproducir a opinión que del tiña un dos representantes da xeración máis nova á altura da década de 1920: ?Chegamos à figura excelsa, ao mais positivo dos nossos valôres, a um dos poucos formados e sem dúvida o melhor dos nossos dramaturgos: D. Manuel Lugrís Freire? (Casas 1924: 356).
BIBLIOGRAFÍA
Blanco Amor, Eduardo (1995): ?Teatros Libres de Preguerra. Primeira edición do texto íntegro da conferencia do mesmo título pronunciada no Auditorium de la Caja Provincial de Ahorros de Madrid o 25 de setembro de 1974?, in AA. VV.: Eduardo Blanco Amor e o teatro. Teatros Libres de Preguerra. Procés a Jacobusland. Commemoració Lletres Gallegues. Barcelona: Universitat de Barcelona, 153172. Carré Aldao, Eugenio (1911): Literatura Gallega. Con extensos apéndices bibliográficos y una gran Antología de 300 trabajos escogidos en prosa y verso de los escritores regionales. Barcelona: Casa Editorial Maucci, 2ª ed. Carré Aldao, Uxío (2006): Memoria críticobibliográfica sobre el Teatro Regional Gallego. Edición e notas de Xoán López Viñas. A Coruña: BibliotecaArquivo Teatral da Universidade da Coruña. Carré Alvarellos, Leandro (1923): ?A moderna orientación do teatro galego?, A Nosa Terra 184, 1 de maio de 1923. [Recollido en Castro García, Silvana (2005): Documentos para a Historia do Teatro Galego (19191924). A Coruña: Universidade da Coruña. BibliotecaArquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor', 95116]. Casas, A. M.ª de las (1924): ?O Teatro Galego. Comunicação feita ao Instituto Histórico do Minho?. Tradução de João Verde, Arquivo Literário, vol. II, Lisboa: Livraria Editôra Guimaraes. [Recollido en Castro García, Silvana (2005): Documentos para a Historia do Teatro Galego (19191924). A Coruña: Universidade da Coruña, BibliotecaArquivo Teatral 'Francisco Pillado Mayor', 116133].
Nº 367
116