Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
unha comedia española, un parrafeo galego e catro coplas andaluzas. Un destes proxectos levouno á práctica en Ferrol un dos integrantes da Irmandade local, Xosé Antonio Romero, que formou e dirixiu o cadro dos ?Dependientes del Comercio?, que en 1917 representou A Ponte, de Lugrís; en 1918, en Lugo, subiron a escena O Pazo, tamén de Lugrís Freire, á que seguiría a reposición d'A Ponte. A partir de 1919, o grupo quedou baixo a dirección de Xaime Quintanilla, que estrearía con el, en 1920, a súa obra Donosiña. Quizais o máis relevante deste tipo de grupos foi A Terriña, especializado en teatro social. O grupo procedía dunha escisión do cadro de declamación da ?Federación Obrera? de Compostela, ?Brisas Futuras?4 que, en xaneiro de 1918, optou por unha obra galega levando á escena o drama O Fidalgo, de Xesús San Luís Romero. O éxito da peza foi tal que, aínda que a compañía representou tamén os dramas de Lugrís e algunha outra obra de San Luís Romero, o público o que reclamaba era ver O Fidalgo, e chegou un momento en que A Terriña acabou tendo esa obra como único repertorio. No momento da súa estrea, houbo xa un sector da crítica que sinalou as similitudes d'O Fidalgo con A Ponte, de Lugrís e non faltou quen falase directamente de plaxio. Así o declaraba Leandro Carré:
Pouco máis ou menos por aqueles tempos estrenouse tamén en Santiago outra obra que outivo grande éisito, O Fidalgo, de Xesús San Luís, â que a prensa en xeneral adicou formidabres gabanzas. O Fidalgo noustante non é mais que unha repetición de A Ponte: o mesmo motivo, o mesmo desenvolvimento, coase as mesmas escenas. Eu non quero dicir que sexa un plaxio; pode moi ben ser coincidencia porque disgraciadamente os caciques en Galicia fan moitas falcatruadas; mais o certo é que A Ponte e O Fidalgo asoméllanse como unha pinga d'auga (Carré Alvarellos 1923: 4).
O éxito d'O Fidalgo non tivo igual na historia do teatro galego, como o mostra o feito de que, en agosto de 1928, o empresario Isaac Fraga, propietario da maior parte dos teatros galegos, respondendo a unha pregunta do xornalista Víctor Casas para a sección ?Vigo teatral? do diario El Pueblo Galego, declarase que, desde o punto de vista empresarial, a única obra galega que garantía rendibilidade económica era O Fidalgo, de San Luís Romero. A derradeira obra dramática de Lugrís foi Estadeíña. Comedia en dúas xornadas en prosa, publicada en 1919 e estreada ese mesmo ano na Coruña polo grupo 'Ensayo de Compañía CómicoDramática', baixo a dirección do actor Rodrigo García. Esta última estrea de Lugrís coincidiu coa presentación do Conservatorio Nazonal de Arte Galega e do programa de renovación que anunciaron os seus promotores. Quizais por iso non volveu escribir teatro. De todos os xeitos, o vello rexionalista consideraba que a sociedade galega non necesitaba amábeis comedias, senón enérxicos dramas que puxeran en evidencia os males que era preciso atallar, e así o manifestou cando a publicación de Jaime Solá, Vida Gallega, lle remitiu a súa enquisa sobre o teatro galego (Tato Fontaíña 1997: 198206). Daque115 Nº 367