BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
ausente reino de soños e ilusións da ?mocedade tola? do poeta que xa son un ?bote naufragado?. É clara a dualidade, a bipartición deste ben artellado conxunto poético. Temos, dunha parte, as composicións que son un canto afirmado e esperanzado. Convencido de que ?sementar é a victoria? o poeta mitifica o traballo que fai do home un deus creador, ?a columna do mundo?. O vivir, celebrado, é un sementar na terra; a terra ?como a muller? é a vida: vivifica e alimenta o home, que deixa a súa semente na mesma terra, na casa, nos fillos. A plenitude, o triunfo do home está no seu renacer na terra mesma, na súa fusión radical con ela. Este telurismo nutricio ten o seu contrapunto na constatación da desposesión, da perda desa substantiva raíz telúrica que acusa o eu lírico, que se sabe ?ermo na miña dor?, ?atado á miña dor senlleira e única?, desalentado no seu extravío ??ando lonxe e senlleiro?? porque é un camiñante sen patria ?acoitelado? de tanta longa terra camiñante?. Un poema como ?Sangue callado. Terra escura, terra? acredita a veciñanza do lirismo de A frauta io garamelo. En ?Hoxe amiga quero soñarte núa? está patente o sentimento de solidariedade co pobo humilde ?a ?Camponesa de Cáqueza? ? tamén desposuído da súa terra. En ?Vibra a egua na malla e vibra a moza? está, rotundo, o eróticocorporal, o vitalismo do sexo. En ?Feliz viaxeiro subterráneo? triúnfa a resurrección do home pola fusión coa terravaxinanai nunha entrega amorosa. Na métrica continúa vixente a polimetría, o gusto polo hendecasílabo e unha maior frecuentación de versos como o alexandrino ou o hexadecasílabo. Ausente a rima, o ritmo é aquí emocional e flúe, sosegado e harmónico, no amplo voo da sintaxe. A retórica instálase no dominio do estilo nominal cunha rica adxectivación e unha variada gama de epítetos (corazón cristalino, peso húmido, raíces mansas, ráfaga amarela, feliz negrura, cervo afervoado) e de imaxes (flor roxa do cobre, corpo de pan quente, eiras do ceo, cúpulas da túa carne, esquelete do céfiro, brado da ledicia) con evidentes e puntuais pegadas do modernismo, o simbolismo, o hilozoísmo e o visionarismo vangardista. Sensorialismo e sentimentalidade conflúen nestes poemas de fermosa e traballada palabra poética, de expresión abraiante cando se ergue a fantasía visionaria do poeta. A segunda parte do libro está datada tamén en Bogotá, pero en 1969. Sen embargo hai poemas que foron escritos entre 1974 e 1978. O conxunto, dedicado a Urbano Lugrís, íntimo amigo do poeta, está presidido por un díptico e seguido dunha ?Sementeira inicial? con once poemas (algúns deles con varios apartados) nos que é singular unha vibrante elexía, o ?Pranto por Urbano Lugrís? datada en 1974 e publicada nas páxinas de La Voz de Galicia (11VIII1974). Os anos do tempo de desterro do poeta, lonxe da ?Terra perdida, / perfume preferido da memoria / Galicia enteira?? non pasan en balde e producen agora un perceptible aumento da temperatura da tristeza, da nosNº 364 14