Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
adquirirá renovado pulo no poeta. Novidade é o verso curto, nalgún caso combinado coa longa liña poética do versilibrismo. Deixou escrito Avilés de Taramancos que a vida, como a poesía é ?unha tentativa?11. Desa condición de tentativa non saen estes dez poemas. Cérrase así, na xeira poética do noso poeta, un primeiro ciclo ou etapa: varios poemas soltos en revistas, un único libro publicado e outros dous inéditos son a súa bagaxe. Ata agora é un lírico da natureza, un poeta dominador da imaxe e da harmonía do verso, habitante dun fermosísimo cosmos sensorialista, inclinado á saudade, requintado na retórica e dono dunha lingua na que a palabra é pura, natural, delicada ou intensa: un esplendor verbal literariamente potenciado. En 1961 Antón Avilés Vinagre viaxa a Colombia. Vive naquela terra americana case vinte anos? ?vinte anos de ausencia?, anos que son un tempo de desterro. Afronta as difíciles circunstancias da súa nova situación de emigrado, na que ?non hai tempo para gaitas nin para poemas?12. Sobrevive, faise ?un home curtido? ocupándose en todo tipo de traballos. Magoado pola saudade, ferido pola NoiaÍtaca ausente, vai enfiando a súa lenda de aventureiro. Recoñece que está a triunfar, que gaña cartos, pero vive desacougado, aínda coa esperanza do retorno. En Bogotá, fala algunha vez con Pablo Neruda. Confesouse ?colombiano de adopción?13 e, á hora de falar de América, de definila esencialmente, salientou a súa magnificencia telúrica, o secular azoute da violencia e o seu soño de liberdade. Lonxe xa, desaparecida a súa xuventude bohemia na Coruña, a súa actividade creadora esmorece en Colombia, onde ?a poesía se vai afogando pouco a pouco no silencio?. Aínda así, crecen ?as pobres rosas do meu desterro?14 en forma de novo poemario de título inevitable: Os poemas da ausencia (Bogotá, 19631969), inéditos ata 1982, malia o adianto de dez composicións nas páxinas de Grial15 en 1971. Os poemas da ausencia configúranse como un díptico poético que é a resultante fundamental da tarefa poética de Avilés en terras colombianas; tarefa que xorde difícil, compulsiva ??escribo a ráfagas, como os furacáns?16? nun contexto biográfico de atrancos e incertezas e nunha intimidade desacougada, pois o poeta séntese un apátrida, un ?cíclope ferido de saudade? magoado pola insoportable dor da ausencia da súa terra, do seu mar, das ?universais entrañas do meu eido? que ama cun amor que o autodestrúe. A primeira parte, datada en Bogotá en 1963, está integrada por nove poemas, máis un prólogo e un mínimo epílogo; once en total, o número de A frauta io garamelo. Amosa este breve corpus lírico unha fonda e precisa raíz autobiográfica, un superior alento da voz ?alta, rexa, plena de interioridade por momentos? e un máis amplo substrato existencial. Dende a súa condición de desterrado, o motivo do canto do poeta é a terra orixinaria, non a de adaptación. O poema continúa a deseñar un espacio, un territorio, un eido propio e íntimo ??É primavera en Noia??? que adquire múltiples e íntimas resonancias: é a ?lonxana luz?, a ?perdida amiga?, o ?fogar mariñeiro?, o remoto
13 Nº 364