BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
palabra, na elevación do canto ou na comuñón sentimental do eu lírico co seu mundo poético. No mesmo ano 1959, cando xa temos ó poeta nun libro, o grupo de escritores galegos Brais Pinto, en Madrid, distingue co premio que leva o mesmo nome do grupo o poemario Pequeno canto, integrado por dezanove composicións. Se a subscrición dun grupo de amigos posibilitou a publicación de A frauta io garamelo, esta vez o poemario queda inédito durante algo máis de vinte anos. En 1982, cando o poeta Salvador García Bodaño o dá a coñecer nunha primeira summa poética de Avilés de Taramancos recollida baixo o título común de O tempo no espello, leva o máis explícito título de Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto e o engadido final ?confesional, emotivo? dun soneto en verso alexandrino. O fío da temática amorosa percorre de principio a fin este Pequeno canto, libro unitario tamén no emprego proseguido do hendecasílabo branco, aquí perfecto de forma, acougado de ritmo. Novamente, ecoa a natureza xa non só como pano de fondo, senón como materia que fornece as imaxes que celebran e encarecen o ser do ti lírico destinataria do canto ou que serven de canle á expresión do sentir que ese ti amoroso suscita no eu que canta. Trátase aquí dun primeiro amor ?xuvenil, primaveral? que motiva a paixón, o desexo. O ser amado (amiga, noiva, dona, deusa) é obxecto dunha visión idealizadora e o poeta canta a ledicia, o ?milagre novo? que a chegada dese ser ??meu amor temperán de fondos ollos?? leva á súa vida e que o converte, definitivamente, nun ?romeiro apaixonado pola dita?. Cántico de celebración, pois, o espacio poético rexistra a primacía do sentir namorado do eu lírico que vive ese amor como acougo, como acubillo, como entrega e ?luz acolledora?, pero tamén, por veces, xorden as ?vivas labaradas da paixón?, ?o tremor varil? do desexo, o desacougo da saudade. Perfecto formalmente, elegante e fermoso no verso, luminoso (ou melancólico ás veces) na palabra, Pequeno canto, no que a voz do poeta, ?a palabra plena que se arrinca / do curruncho máis íntimo do ser, / e a sinxeleza / de decir bolboreta ou margarida? engaiola ó lector pola súa beleza, pola súa frescura e lixeireza. Poemario sen embargo inmaturo no tratamento do tema, carece de tensión e aínda amosa algunha puntual reiteración expresiva. Libro de limitado horizonte, está centrado case exclusivamente na manifestación de ?este gozo / que dá o primeiro amor?. Pouco podemos dicir da seguinte entrega do poeta, un feixe de composicións (dez en total) reunidas co título de Poemas soltos a Maricarme Pereira e publicado por vez primeira en 1982 na xa citada recompilación de García Bodaño. Son, certamente, poemas soltos nun conxunto carente de unicidade. Hai aquí algunhas mostras de culturalismo. ?Solaina? é un exercicio hilozoísta. O mar, a viaxe son motivos frecuentes. Tamén o neotrobadorismo deixa a súa pegada no poema ?Pola frescura da pomareda?. En ?O semideus derrotado? temos unha composición de perceptible impulso épico que co tempo
Nº 364 12