Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
fundamental e en consecuencia a nominalización ?o estilo nominal? predomina con moito sobre a visión temporalizadora. A construcción amosa unha nidia tendencia ó fragmentarismo, á xustaposición de secuencias. Con todo, o máis vangardista ?pero de ben pouca presencia? é o visionarismo de imaxes como ?Mans de vidro e de nuben, / vento amigo?. A presencia do poeta nas revistas con poemas soltos ou integrados en pequenos conxuntos conclúe, naturalmente, nesta primeira etapa, coa publicación do seu primeiro e tamén breve poemario, A frauta io garamelo (1959). Non entraremos na cuestión de se o libro foi ou non escrito nunha noite cando o escritor estaba a facer o servicio militar en Ferrol. En calquera caso, este libro de paxaros (en palabras de Cunqueiro ou Otero Pedrayo) contou coas ilustracións de Aleixandre González Pascual ?Lixandre e publicouse por iniciativa dun grupo de amigos do poeta, que tiña daquela 24 anos. A frauta io garamelo é xa un libro que revela a un poeta. As súas once pezas son unha homenaxe á natureza: paxaros (o xílgaro, o merlo, o paspallás, o xirín, o corvo?), árbores, auga. Cega a radical pureza da palabra; salienta a sabedoría retórica; emociona o tenro achegamento do eu lírico á materia do seu canto ou, se se quere, á amorosa identificación do poeta coas criaturas da natureza. Sorprende a intensidade expresiva dos primeiros poemas, a imparable concatenación de imaxes, a plenitude do sensorialismo a través das sinestesias (fresco ouvear, escuras parolas, perfumada sonma, fumes silandeiros), o desprazamento cualificativo (bermello sancristán nas cereixeiras), os epítetos (doce coitelo, soave corazón, paxaros apagados, longas verbas, frolecida meixela) ou o cromatismo da adxectivación. Hai un continuado emprego da imaxe apositiva (albre, vello labrego; xílgaro, novelo de lilainas; xerín, esguía frauta), aínda que non faltan mostras da metáfora impura (fenestras da tarde, gacio da serán, viño de carne, orquestra de solpores). O visionarismo adquire máis relevo na imaxinería dos poemas e, dende logo, continúa vixente aquí a cosmovisión hilozoísta. O cumio do conxunto é o poema epistolar ?a carta ó corvo Alberte? no que remata. Conmove a súa autenticidade emocional, a síntese de inxenuidade e tenrura, a afirmación da infancia ??onde xoga o neno eternamentes?? e ata as notas de fantasía imaxinativa. A frauta io garamelo posúe unha evidente veciñanza temáticoexpresiva cos poemas de As moradías do vento. Confirma un poeta non da terra nin da paisaxe, senón da natureza, pero tamén do cosmos; un poeta lírico que debuxa espacios, xeografías que son o seu particular paraíso só habitado de criaturas puras e elementais e fenómenos cósmicos, aínda que percorrido de elementos de referencialidade galega. A lingua xorde da terra onde o poeta nace, do mundo aldeán e mariñeiro aprendida no seo familiar, no ?diccionario vivo e pouco contaminado?10 que foi a súa avoa Pastora. A retórica confírelle, na escrita, categoría estética de linguaxe poética baseada sobre todo no culto á imaxe, no seu perfecto encaixe no verso harmonioso, na fermosura da
11 Nº 364