BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
visitou con certa frecuencia os responsables e colaboradores da revista poética ferrolá que se reunían tamén no café Galiano. Un deles, Miguel C. Vidal, recorda aínda aquel rapaz que gustaba das anécdotas do mundo dos escritores e ó que convidaban habitualmente porque andaba mal de cartos. O poema era a ?Balada do barqueiro mozo?7, escrito en versos alexandrinos e cun certo recendo neotrobadorista. Composición na que a voz do falante lírico se amosa chea de entusiasmo e ledicia, está ilustrada por Isaac Díaz Pardo e foi reproducida cun comentario de Álvarez Torneiro, anos despois, nas páxinas de Luzes de Galiza8. Da man de Uxío Carré Alvarellos, e paralelamente á súa colaboración en Tapal, publicou algúns poemas en Lar9, ?Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficiencia y Mutualidad? que en 1934 comezaba a súa xeira en Bos Aires dirixida por Ramón D. Villar. ?A Castelao?, ?Lume que morre? e ?Meu anceio?, publicados no bienio 19531954 son eses poemas que, de certo, nada engaden ó que ata agora apuntamos. A lectura e admiración por Castelao son temperás no noso poeta, que naquel ano 1954 facía unha simbólica afirmación de fe nacionalista xunto os seus amigos Reimundo Patiño, Xohán Casal e Enrique Iglesias no chamado ?xuramento de Laracha?. E ós anos coruñeses temos que volver porque, en 1955, na penúltima separata de Atlántida (encarte do número 1112 da revista), que remataba prematuramente a súa xeira (195456) no número 13 dedicado a ValleInclán, aparece un significativo conxunto de sete poemas co título As moradías do vento. Separatas con poemas de Cunqueiro, González Garcés, Luz Pozo, Pura Vázquez ou Manuel María precederan esta de Avilés de Taramancos. Con elementos cósmicotelúricos sometidos a un proceso dinamizador e humanizador (voz do vento, campás ledas, a surrisa do mar, noite de curazón escuro, ourelas do día) enraizado no hilozoísmo, o poeta leva o vento por unha xeografía paisaxística ?mar e terra? punteada de referentes galegos concretos (a gaita, a muiñeira, o pino, a saudade) para instalalo finalmente no cadaleito do outono, a súa última ?moradía?. A rica paleta pictórica, a forza imaxinativa, o amoreamento de adxectivos, a captación espida dos elementos ?seres, cousas, fenómenos? configuran un cosmos poético esteticamente requintado que, por veces, conmove emocionalmente o eu lírico e no que o home non ten cabida. A visión dese cosmos é por momentos alzada, poderosa; noutros casos inxenua e ata lúdica ou percorrida pola tristeza e a soidade. Metricamente estamos na encrucillada tradiciónvangarda. A relativa polimetría non impide o gusto polo hendecasílabo, tan reiterado. O verso, autónomo, flúe de vagar, elegante. Son estes poemas literatura lírica en estado puro e manifestación admirativa do asombro e devoción de quen canta polo obxecto do seu canto. O sistema léxico está ancorado na natureza, pero a súa patentización no poema posúe unha forte literaturización na que ecoan as vangardas. A construcción dun espacio, dunha escenografía é aquí
Nº 364 10