Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O mar arrulou a lúa ? a lúa morreu de medo?
?Lume que morre? é un mínimo romance lírico ateigado de sentimentalismo. Pola contra, chea de ledicia comparece a voz que canta a ?Maruxiña? nunha peza que demostra o sentido do ritmo, o bo oído musical do autor. Por fin, ?Morte belida? é o resultado da atracción do abismo da morte que aquí aparece vital, fermosa, moza ?Danzariña da noite?, humanizada e ollada nunha escenografía cósmica. O verso hendecasílabo semella xa unha clara elección do poeta. En 1952 publica o que será o seu único poema na pontevedresa Sonata Gallega (19441952)? ampla e prestixiosa na súa nómina de colaboradores e significativa nos gravados en linóleo ?que contou con Celso Emilio Ferreiro como redactor literario. ?Ofrenda a Manuel Antonio. Poema da nai soia?4 non é senón o que o título anuncia co engadido da tristeza e a tenrura. Non faltan nin sequera os tópicos diminutivos, (filliño, meniño, currunchiño), signos dun sentimentalismo falto de contención. Algo máis de entidade posúe a colaboración que, en 1955, presenta en 4 Ventos, ?Revista lusíada de literatura e arte? que se publicaba en Braga e na que converxeron escritores portugueses, galegos e brasileiros. Boa publicación. Co título xenérico de ?Cantigas da noiva núa? Xoán A. Avilés Vinagre ofrece un conxunto certamente unitario de catro pezas breves5. Fermosura da palabra, fluidez rítmica do verso (hendecasílabo), pegada da imaxinería amadocarballista ??na espiga sempre morna do solpor??, idealización da paisaxe, intensidade sensorial, humanización dos elementos cósmicotelúricos, revelación do corporal e aínda certo erotismo son aquí trazos ben perceptibles. Estamos ante exercicios líricos que resultan da aprendizaxe literaria e que revelan sensibilidade poética, sentido do verso, esteticismo expresivo. En rigor, nestes primeiros pasos do poeta, debemos polo menos mencionar o seu paso pola coruñesa Amanecer, menos que mediocre froito dunha xuventude lírica moi da época. No núm. 1 daquela revistiña colabora Avilés, en 1957, cun poema en castelán. Manuel Álvarez Torneiro, participante da aventura do grupo, deixou puntual testemuño daqueles anos coruñeses da ?Peña Amanecer? cando aquel ?rapaz aldeán de dezasete anos?6 chegaba á cidade para estudiar na Escola de Náutica, facía novos amigos (Urbano Lugrís, González Garcés, o mesmo Álvarez Torneiro), pronunciaba as súas primeiras conferencias, lía Residencia en la tierra do seu admirado P. Neruda por indicación do poeta Xabier Basilio e, en fin, descubría a vida literaria e vivía a bohemia ó tempo que afirmaba a súa vocación no mester da poesía. En 1958, cando estaba a facer o servicio militar como mariñeiro en Ferrol e vivía precariamente, presentouse un bo día no café Bonilla onde tiñan dende había anos o seu cuartel xeral Tomás Barros, Miguel C. Vidal e Mario Couceiro, que, como amigos, compartían a dirección de Aturuxo (19521960). Entregoulles un poema e co paso do tempo
9 Nº 364