BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Tapal ?literaria, ilustrada, atenta ós asuntos locais de Noia? que entre 1950 e 1955 botou nove números. Naquelas páxinas nacidas baixo o signo dunha ?Minerva inexperta y azorosa? fixo o seu bautismo poético un José A. Avilés Vinagre que entre 1950 e 1955 publicou oito composicións3, unha delas ? ?Soneto? ? en castelán. Non é de estrañar que na primeira, ó pé do poema, xunto co nome do autor, apareza o dato ?14 años? e quizais tampouco que a esa idade, o ?poeta? celebre as terras de Noia sen esquecer ?xa coa ferramenta da imaxe? a fermosura das mozas noiesas, que ós seus ollos xorden
cal raíces de sol son pelras douradas brilantes de amor
O ton nostálxico faise sombrío, fúnebre na segunda entrega, ?Morriña?, onde asoma como motivo central a saudade, contemplada como unha dor que aparece de súpeto e que carece de explicación. O sistema léxico seleccionado polo poeta (ôsos, roian, sofria, probe, cadavre, xemido, escuro, triste, etc.) enfatiza a desolación. A encrucillada proposta
quen poidera morrer na terriña quen poidera marchar
preludia o motivo da viaxe anos despois asumido na vida do poeta cando marcha (emigrado, exiliado) ás Américas, a Colombia, onde vivirá case vinte anos. E isto que apuntamos ten o seu referendo en ?Saloucos d'un emigrante?, certamente premonitorio, onde se mesturan dous leitmotiv do poeta: Noia (logo a NoiaÍtaca) e a saudade ferinte da súa ausencia:
Ai, Noia, Noia querida? ¡cando volverei pr'ahí! ? non chores mais, qu'anque morra, anque morra?¡ei de ir a Ti!
En marzo de 1952 o Circo de Recreación da vila noiesa cumpre o seu centenario e convoca un certame literario baixo o lema ?Exaltación de Noya o sus glorias?. Manuel Fabeiro intervén no acto que, celebrado no Teatro Galicia, preside Otero Pedrayo. O noso poeta, mozo de 16 anos, envía un poema en galego que é distinguido cunha mención honorífica. Trátase en realidade de dúas breves composicións ??Antón de Noia? e ?Cadarso?? que se configuran metricamente en fragmentarios romances heroicos ou reais de verso hendecasílabo que homenaxean a dous personaxes históricos de Noia vinculados á volta ó mundo de Magalláns e á viaxe americana de Colón. Interesa aquí salientar a altura do ton e o alento épico do canto ó que volverá o poeta anos despois. No mesmo número da publicación, outro poemiña, ?Poema da lua e do mar? ?unha estampiña paisaxística moi cromática? evidencia a pegada da cosmovisión e temática hilozoístas:
Nº 364 8