Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
do 10% dos dereitos de autor (Darío Xohán Cabana acredita un custo de 28.000 pesetas para unha tirada de 3.000 exemplares de cada unha das novidades d'O Moucho, o que supón, vendéndose a 30 pesetas, un custo unitario de máis de 9 pesetas, das cales 3 correspondían á carísima cuberta serigráfica, e, polo tanto, un índice multiplicador de 3,1, moi baixo para os criterios actuais de economía editorial) cun traballo teimoso de visibilización dos seus libros e de novidosa rede de distribución, superando o tradicional sistema de subscrición que caracterizara o libro galego dende o século XIX. Está acreditado o rigor de don Xosé María na xestión dos depósitos nas librarías e na ampliación, impresionante hoxe, dos puntos de venda que conseguiu, até chegar, segundo datos de Cabana, en 1975 a máis de 220. A isto habería que engadir outras iniciativas como a venda dos fondos, sobre todo d' O Moucho e de Pombal polas vilas, festas e feiras, como de grupos galeguistas con motivo do Día das Letras Galegas. Porén, menos éxito tivo o proxecto de Castrelos na visibilización das súas novidades nas páxinas das revistas culturais, como Grial, na que apenas aparecen seis reseñas durante o período de funcionamento do proxecto de don Xosé María. Concluíndo. O labor editorial de don Xosé María en Castrelos foi o dun xigante do que os editores galegos de hoxe nos sentimos tan abraiados como humildes herdeiros. Impuxo os criterios dunha edición de catálogo, organizada por coleccións; renovou o deseño e a diagramación das obras; creou o concepto do libro de peto na edición galega; respectou os lexítimos dereitos dos autores; renovou e ampliou a distribución comercial... Puxo, en definitiva, os alicerces para o agromar da edición galega contemporánea. Un testemuño recollido, afortunadamente, despois de Castrelos ser adquirida por Galaxia, por Edicións Xerais de Galicia, mais esa xa é outra historia.
95
Nº 369