Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
rros Municipal de Vigo, unha formidable obra colectiva, na que se ocupou da coordinación, da dirección da edición e de máis da metade dos textos do seu contido. N' A cidade e os días, don Xosé María vai debuxando amodiño, co seu trazo potente de investigador documental, un impresionante fresco histórico de Vigo, desde o burgo de pescadores na Idade Media que foi ?no que xa brillaba a luz de poetas universais como Martín Codax e Meendiño?, pasando polo carácter de porto corsario que abrigou no século XVIII, ao empuxe da abella ribeira que a converteu na cidade portuaria e industrial punxente que agora coñecemos. Un relato no que ao autor non lle pasan desapercibidos os acontecementos do Terzo de Valadares, as aventuras feudais, a presenza dos piratas, as pestes, as guerras (especialmente a denominada «Reconquista»), as angueiras pola chegada do ferrocarril e polo desenvolvemento portuario, a inauguración da iluminación eléctrica, o entroido elegante das sociedades recreativas, o xornalismo progresista?, nin tampouco as biografías das figuras viguesas senlleiras como Eduardo Chao, Urzaiz, Elduayen e tantos outros. A cidade e os días é un fresco evocador, latexante de personaxes, acontecementos e soños dunha cidade cambiante. Como salienta o académico Darío Xohán Cabana, biógrafo e colaborador primeiro en Edicións Castrelos:
Este é un libro sen igual en Galicia; ningunha das nosas cidades ten outro que se lle poida comparar en beleza de estilo e en cantidade de información. As actas capitulares, os cartularios eclesiásticos, os arquivos de sociedades, os xornais, as memorias publicadas e as memorias particulares, os libros de viaxes, as antigas e modernas crónicas? en fin, todo canto podía ofrecer a máis mínima noticia foi rigorosamente cacheado polo paciente e minucioso Xosé María. [?] Todo é un fervor de vida, contado con rigoroso recurso ás fontes históricas e cun estilo persoal dunha beleza e dunha capacidade de evocación verdadeiramente marabillosas.
Tras a súa primeira publicación, hai case cincuenta anos, A cidade e os días ?a pesar de que moitos dos datos e informacións, afortunadamente, foron superados pola actual historiografía viguesa? non perdeu un ápice do seu interese xa que constitúe moito máis ca un libro de historia. A cidade e os días é unha apaixonada biografía literaria da cidade de Vigo e da súa contorna (xa que para o autor, Vigo derrámase dende o Val do Fragoso até o esteiro do Miño) escrita cunha prosa maxistral e un alento narrativo moi notable. É nese carácter profundamente literario onde reside a importancia e a beleza deste gran relato colectivo, que dificilmente vai quedar obsoleto. Tras a edición facsimilar de La ciudad y los días, realizada en 1986 polo Concello de Vigo, con motivo do primeiro cabodano do pasamento de don Xosé María, asumimos, co apoio da familia Álvarez Cáccamo, o reto de realizar unha tradución para o galego o máis fiel posible ao espírito da obra e da súa edición príncipe. Unha empresa concibida, sobre todo, como unha homenaxe á figura de Álvarez Blázquez, que tivo sempre o soño de ver editada esta obra en galego, angueira felizmente cumprida este ano.
91 Nº 369