BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
bra, endexamáis do concepto, á que hai pouco tempo fixen mención, chega á paradoxa no trance que puidera chamarse da gratuidade da fuxida, isto é, da fuxida que se produce non de algo o nome violento dun concepto incomenente e aínda comenente sinón de ren: a voz, na súa recta acepción ademisible, que devén soez despois de ter nacido, con frecuencia, como eufemismo. O suposto inverso da fuxida gratuíta, isto é, o desprecio do mero fonema ou grupo de fonemas, tamén é certo e non menos paradóxico. A cerca que separa as voces ademisibles das non ademisibles, ou as ademitidas das non ademitidas, é decote movediza e, como obra de humanos, con frecuencia pintoresca, escrava das latitudes e dos ventos que soplen en cada latitude e cada intre e, o que é pior, desnortadora. Non se me oculta que fai falla certo valor para enfrentarse cara a cara e en público, co touro violento da lingua, pro entendo que alguén tiña que botarse, con todas as consecuencias, ao ruedo, xa que aos chamados a preconizar unha lingua ampla e eficaz (os escritores) de raiceira tradicional (a Academia) e de base científica (os gramáticos), sí cabe esixirlles, como ao toureiro na plaza, o valor necesario para que poidan, sinón levar a último bon fin o seu cometido, sí ao menos poñelo no camiño que él puidera conducilo. Non vale acocharse coa cachola baixo a áa ao tempo de facer tablarrasa, non xa da palabra sinón endemáis do concepto, xa que caendo por tan violenta barranqueira corremos o perigro de legar a quenes nos sucedan unha xerigonza que, lonxe de nomear, proceda por aproximativas paliacións. Non digo coanto queda dito e veño decindo si non é con todo respeto e consideración e co prego aos meus ouvintes de que se sirvan sopesar todo o moito amor que sinto e proclamo hacia o galego: a noble lingua na que hoxe e con non pouco esforzo me teño permitido expresarme diante de tan noble senado e tan ilustre corporación. Moitas gracias pola vosa atención. C. J. C
Nº 364
342