Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Xa non é tan ademisible, nembargantes, a actitude de fuxir da verba conservando a idea que a verba proscrita quere señalar e para cuia expresión pescúdase, cando non se inventa, outra palabra. Penso que, invalidado o concepto, non é ademisible o recurso do eufemismo aplicándose á sustitución da palabra que non foi desbotada, ao menos en principio, como fonema ou grupo de fonemas sinón como expresión dun algo concreto. Trabucar o procedemento co dereito, como tomar a letra polo espírito, non conduce sinón á inxusticia, situación que é fonte e á vez secuela do desorde. Quero decir que determinadas palabras, por violentas e procaces que nos pareceren, non terían en boa lei, por qué pagar culpas das ideas que expresan e, non embargantes o seu noble berce e a súa rancia antigüedade, non son ademitidas. O feito da inhabilitación afinada ou distinguida de isas voces proscritas non serían grave xa que o linguaxe afinado ou distinguido non é, por fortuna, sinón unha leira da lingua de non ser que o que se veta non é a idea, sinón, sinxelamente, a palabra. Aquí a primeira quebra quebra de índole moral e que tampouco é a única do que veño chamando linguaxe afinado ou distinguido e que non busca a súa limpeza no que se dí sinón en cómo o dí. Insisto en que podería invitarse ao diálogo aos gramáticos moralistas, isto é: aqueles que preconizasen un linguaxe de trasfondo moral ou convenidamente moral ou, o que é o mesmo, un linguaxe no que se afastasen as voces señaladoras dos conceptos vulgares, despois de ter borrado das cacholas e pola persuasión, que é a única goma de borrar que a cachola ademite ises conceptos vulgares. Xa non podería decir o mesmo dos paladíns do linguaxe afinado ou distinguido: que se regodean no concepto anque se rachen as vestiduras diante das palabras. Aquel linguaxe moral ou convenidamente moral sería respetable, sin dúbida, anque alleo, claro está, á expresión científica, literaria e coloquial, xa que puidera abocala ao perigro do anquilosamento. Sobre iste outro linguaxe afinado ou distinguido, ou convencionalmente afinado ou distinguido, nin pagaría a pena insistir, de non ser evidente o grave risco que supón para a necesaria louzanía da nosa ferramenta de comunicación. É certo que as palabras sublímanse ou prostitúiense, anxelízanse ou endiáñanse, a consecuencia de unha cruel determinante a vida mesmaen cuio plantexamento, evolución e derradeiro fin non teñen nin voz nin voto; pro non o é menos, a todas luces, que o perigro de ista mistificación ten de ser denunciado e, deica onde se poida e sin perder unha última e cecais escéptica compostura, tamén combatido. Aquela fuxida da pala
341
Nº 364