BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
diccións admisibles e términos que nono son? No probable e ren científico suposto de unha resposta afirmativa, ¿quén é, en saudable dereito, o encargado de deslindar a fronteira entre unhas e outros?: ¿a Academia, que regula a lingua e a encauza?, ¿os escritores, que a fixan e autorizan?, ¿o pobo, no que nace e se vivifica? Por outra banda: ¿qué destino debe darse ás verbas condenadas?, ¿por coales outras terán de ser sustituídas?, ¿qué garantía de permanencia poderán brindarnos, e qué garantía de lexitimidade poderemos esixir ás palabras que teñan de suceder ás refugadas? Pro, ¿a qué, todo isto? O problema, nada máis prantexado, amenaza xa con fuxirnos da man, áxil como un peixe vivo. ¿É admisible a suposición de que poida haber meras verbas abstracción feita das ideas que queiran señalar ás que poida pendurarse o sambenito que as afaste da súa función? Camiñemos con suma cautela sobre tan movedizos areais. É evidente que o uso vicioso dos eufemismos e outros escapes, con frecuencia condicioado por determinantes tan falsas e pueriles como a moda, ten desterrado do comercio do linguaxe socialmente válido que é un linguaxe enmascarado e sin raiceiras chantadas na terra múltiples voces de gran tradición autorizada, que arredáronse a unha banda para ceder o paso a creacións de novo cuño que, paradóxicamente, aspiran a señalar o mesmo. O feito de que un eufemismo prospere e chegue a adequirir carta de natureza, señala que existe un ámeto social no que o seu uso é practico e axeitado. Obsérvese que, co paso do tempo, os eufemismos perden a súa asepsia e orixinan a necesidade dun novo eufemismo, o que nos indica dúas situacións de feito: que o eufemismo pode superar a barreira social que o ten creado e incorporarse ao léxico xeneral, e que a extensión, a difusión, adequirida pola palabra, forza á pescuda dun novo eufemismo, no seu orixe sempre disfrazador. Sería, cecais, ademisible, aínda que con reparos nos que agora non hei de pararme, a obxetivada consideración da non posibilidade, e mesmo da comenencia moral mellor fora decir social, que non léxica, de desterrar do linguaxe afinado ou distinguido (en ningún caso culto) as expresións vulgares ou afinadas e distinguidas, que nomean certos conceptos que repugnan á conversación á que tamén chamarei afinada ou distinguida: a sostida con donas e persoas de respeto pola súa edade ou pensamento ou condición, etc. Nótese que invalido o concepto e como consecuencia a súa expresión, sexa a que sexa na conversa afinada ou distinguida: non o concepto en sí nin na conversa científica, literaria ou coloquial que ten cada unha delas os seus matices, nin tampouco a expresión científica, literaria ou coloquial de ise concepto.
Nº 364
340