Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
non adiviñadas intuitiva ou subconscientemente o que puidera ser, ou ao menos resultar, válido e plausible sinón deliberada e conscientemente inventadas ou, o que é aínda pior, importadas (a destempo e a contrapelo do bó sentido). Os escritores, a remolque do uso, vicioso con frecuencia, do seu contorno (siñálense en cada intre as excepcións que se queiran), ademiten e autorizan formas de decir incómodas á esencia mesma do linguxe ou, o que resulta aínda máis perigroso, divorciadas do espírito do linguaxe. O problema das Academias está determinado polos eixes sobre dos que fluctúan: a súa tendencia conservadora, que as leva a non ademitir moi ilustres voces co inválido e acientífico argumento da súa convencional grosería, e o medo que se lles bote en cara isa súa tendencia conservadora, que os forza a ademitir nada ilustres voces co inxenuo e tamén acientífico suposto do seu uso (que habería que demostrar, en cada caso, con autoridades). A erosión do linguaxe hermoxenián sobre o cratilián, acentuándose máis e máis a medida que pasa o tempo, entrana o risco de disecar o vivo, de artificializar o natural. E iste risco pode chegar repito tanto polo vieiro da pura invención como polo da gratuita incorporación ou da resurrección ou vivificación a destempo. Razóns moi minúsculamente políticas semellan ser o motor que impulsa e impulsou a nosa lingua galega a claudicar, co sorriso nos beizos, ante os repetidos embates de quenes o asedian. Entendo que o risco corrido é desproporcionado aos beneficios, un tanto utópicos, que nun futuro incerto puideran derivarse e, sin preocupacións puristas que están moi lonxe do meu ánimo, sí quixera alertar aos escritores, denantes que a ninguén, e a ista Academia, en seguimento, para que puxesen coto ao desbaraxuste que nos axexa. Existe un continuo do linguaxe que chouta por riba das clasificacións que queramos establecer, sin dúbida algunha, pro ista evidencia non nos autoriza a facer tablarrasa das súas fronteiras naturais. Supoñer o contrario sería tanto como ademitir a derrota que aínda se non ten producido. Con non pouca frecuencia plantéxase o tema, que xa cheira a pucheiro enfermo, das voces válidas e non válidas, das palabras pronunciables e impronunciables. Artificiosa clasificación que repugna ao bó sentido e atenta, cando menos, ao histórico espírito da lingua. Estaría disposto a ademitir que o soio plantexamento dun problema significa xa o primeiro paso hacia a súa posible solución pro, en boa lei e rectamente falando, pregúntome: ¿existen ou deben existir, realmente,
339
Nº 364