BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
muller que vai vestida de roxo), e Karl Bühler ao ordear as tres funcións do linguaxe: a expresión (¡qué ledicia ver á muller vestida de roxo!), a apelación (¡non permitas que fuxa a muller vestida de roxo!) e a representación (a muller vestida de roxo marchouse no avión de París). Nin que decir ten que o linguxe hermoxenián ademite naturalmente o seu artificio orixinal, namentras que o linguaxe cratilián resíntese cando se quere mecer en berces que non lle son peculiares e nos que, con frecuencia, acochan continxencias un tanto alleas ao seu nidio espírito. É arriscado ademitir, a ultranza, que a lingua natural, o linguaxe cratilián, nazca das máxicas nupcias do pobo coa casualidade. Non; o pobo non crea o linguaxe: condiciónao. Dito sexa con non poucas reservas, o pobo, en certo sentido, adivina o linguaxe, os nomes das cousas, pro tamén o adultera e hibridiza. Si sobre do pobo non gravitasen aquelas continxencias alleas ás que pouco atrás aludía, o plantexamento da cuestión sería moito máis inmediato e lineal. Mais o obxeto non proposto e que, nembargantes, esconde o ovo da verdade do problema é ún e determinado e non está ao meu alcance, nin ao de ninguén, o cambialo por outro. Por outra banda, o problema do orixe do linguxe é algo que fuxe á miña leiga percepción e non hei ser eu, por certo, quen desoiga a orde da Sociedade Lingüística de París que, nas súas normas fundacionais, prohibe aos seus membros ocuparse de iste tema. O linguaxe cratilián, a lingua, estrutura ou sistema de Ferdinand de Saussure, nace no pobo máis entre o pobo que de el, é fixado e autorizado polos escritores, e é regulado e encauzado polas Academias na maioría dos casos. Agora ben: istes tres estamentos o pobo, os escritores e as Academias non sempre cumplen co seu peculiar deber e, con frecuencia, invaden e interfiren alleas órbitas. Diríase que as Academias, os escritores e o pobo non representan a gusto o seu papel sinón que prefiren, aínda que non lles competa, finxir o papel dos demáis que puidera ser que mesmo por razón de principio queda sempre borroso e desdibuxado e, o que é pior, remata por difuminar e velar o obxeto mesmo da súa atención: o linguaxe, o verbo que se precisaría esencialmente nidio. O alxebraico e a modo de mero instrumento, sin outro valor propio que o da súa utilidade. Sobre os desmáns populares, literarios, académicos, etc., ninguén se pronuncia, e a lingua marcha non por onde quere, que en principio sería canle oportuno, sinón por onde empurran nela as encontradas forzas que sobre dela converxen. O pobo, porque lle repiten os versos de Horacio a cada paso, pensa que todo o monte é ouregano e tenta de implantar voces e modos e locucións
Nº 364
338