Vida oficial da RAG
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
De ista segunda actitude orixinariamente romántica e, nas súas consecuencias, demagóxica, partiron os poetas latinos, con Horacio ao frente, e orixináronse todos os males que, desde entón e niste terreo, tivemos de padecer sin que puidéramos poñerlle remedio. Na Ars poetica, versos 70 ao 72, cántase o trunfo do uso sobre do devenir (non sempre, ao menos, saudable) do linguaxe. Multa renascentur quae iam cecidere, cadentque quae nunc sunt in honore vocabula, si volet usus, quem penes arbitrium est et ius et norma loquendi. Esta bomba de reoloxería grata, nembargantes, na súa aparente caridade tivo moi ulteriores e complexos efectos: o derradeiro, o de supoñer que a lingua faina o pobo e, fatalmente, ningúen máis que o pobo, sin que valgan de ren os esforzos, que por anticipado deben aforrarse, para reducir a lingua a norma lóxica e limpa e razonable. A arriscada aseveración de Horacio no uso está o arbitrio, o dereito e a norma do linguaxe convirtiu, ao desbrozalo de traballosas malezas, o atallo en camiño real, e por él marchou o home, coa bandeira do linguaxe en libertade tremolando ao vento, obstinándose en confundir o trunfo coa servidume que entraña a súa mera apariencia. Si Horacio tiña a súa parte de razón, que non imos regatearlle aquí, e o seu lastre de sinrazón, que tampouco imos disimulalo niste trance, tamén a Cratilo e a Hermóxenes, afinando os seus propósitos, debemos concederlles o que é seu. A postura de Cratilo cabe o que ven chamándose linguaxe natural ou ordinario o latín, o galego, o castelán, o inglés, o francés, producto de un camiño histórico e psicolóxico cáseque eternamente percorrido, e o suposto de Hermóxenes convén a aquelo que entendemos como linguaxe artificial ou extraordinario ou xerga a filosofía e a matemática, tamén o caló e o papiamento, froito de un acordo máis ou menos formal, ou dalgunha maneira formal, con fundamento lóxico pro sin tradición histórica nin psicolóxica, polo menos no intre de nacer. O primeiro Wittgenstein o do Tractatus é un conocido exemplo da postura de Hermóxenes nos nosos días. Niste sentido, non sería descabelado falar de linguaxe cratilián ou natural ou humán e de linguaxe hermoxenián ou artificial ou parahumán. É obvio que aquí refírome, como se refería Horacio, ao primeiro de ambos, isto é, á lingua de vivir e de escribir: sin cortapisas técnicas nin defensivas. Tamén ao linguaxe que agora chamo cratilián alude Max Scheler e en xeneral os fenomenólogos cando fala do linguaxe como mención (isa muller vai vestida de roxo), e como anuncio ou expresión (amo a isa
337
Nº 364