BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Vida oficial da RAG
bas tamén, en coanto obxetos en sí (non hai can sin gato, nin amor sin odio). Hermóxenes, polo contrario, pensa que as palabras son non máis que convencións establecidas polos homes co razonable propósito de entenderse. As cousas aparecen ou preséntanse diante do home, e o home, encarándose coa cousa recén nada, bautízaa. O significante das cousas non é o manantío do bosco, sinón o pozo escavado pola man do home. O animal doméstico e familiar do que hai moitas especies e todos eles ladran, puido terse chamado lombriga, e lo che muove il sole e l'altre stelle, do Dante, puidera nomearse reuma de telo acordado así os homes. A fronteira parabólica do sentir e do decir de Hermóxenes, máscara de Demócrito e ás vegadas de Protágoras, requéntase en non poucos puntos: o home, eso que mide (e designa) todas e cada unha das cousas, ¿é o xénero ou o individuo?; a medida de aquelas cousas, ¿é un concepto non máis que epistemolóxico?; as cousas, ¿son as cousas físicas tan soio ou tamén as sensacións e os conceptos? Hermóxenes, ao reducir o ser ao parecer, degola a verdade no berce; como contrapartida, ao ademitir como única proposición posible a que formula o home por sí e ante sí, fai verdadeiro e ren máis que verdadeiro tanto ao que é verdade (o can é can, o amor é amor) como ao que nono é (o can, de haber querido o home, houbera sido lombriga; o amor, de haber querido o home, houbera sido reuma, houbérase designado co nome de reuma, e os conceptos que vimos chamando lombriga e reuma seguirían, durante o tempo que decidira o home, apócrifos ou inefables, asegún se mire). Agora ben: si o can e o amor cobran os nomes de can e de amor, ou tiveran ademitido pouco importa si con folgura ou forza os de lombriga e reuma, así terán de seguir, ou terían de seguir, ate que o uso (que é un instinto colectivo e subconsciente do home, no que iste non intervén sinón por inercia) os houbera refugado ao fondo pozo das voces mortas; recórdese que o home, asegún famosa aporía de Víctor Henry, da nome ás cousas pro non pode arrebatarllo: fai cambiar o linguaxe e, nembargantes, non pode cambialo a vontade. Platón, ao falar cecais con demasiada cautela da rectitude dos nomes, semella como inclinar a súa simpatía, siquera sexa veladamente, hacia a postura de Cratilo: as cousas chámanse como teñen que chamarse (teorema orgánico e respetuoso nas beiras de poder ser ademitido, en pura razón, como postulado) e non como os homes conveñan, asegún os ventos que soplen, que deban chamarse (corolario movedizo ou, mellor aínda: fluctuante asegún o rumbo dos mudables supostos presentes ?que non previos de cada caso).
Nº 364
336