BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Figura 15
Figura 16
Figura 17
Figura 18
No ano 2002 a mostra foi dedicada ao escultor tudense de cabalos, Xoán Oliveira, cuxa obra se atopa espallada polo mundo enteiro. No mataselos figura o monumento tudense da súa autoría (fig. 15). Nel pídese para Tui e Valença do Minho a declaración de Patrimonio da Humanidade, o que facemos en toda a nosa correspondencia. No ano 2004 festexamos os 40 anos de existencia da nosa asociación. O mataselos (fig. 16) representa o emblema do noso grupo. Tamén neste mesmo ano 2004, con motivo dunha homenaxe á Mariña Española, con presenza en Tui desde o século XIX coas patrulleiras Segura, Perla e as dúas Cabos Fradera, celebramos tamén unha mostra co mataselos (fig. 17) que leva os escudos de Tui e o da Escola Naval Militar de Marín, baixo unha mesma coroa e sobre as ondas do mar. No ano 2005 a mostra foi dedicada ao monte Aloia, o primeiro parque natural que se fixo en Galicia. O mataselos (fig. 18) leva a Cruz monumental que coroa o seu cume. Neste mesmo ano 2005, rendeuse unha homenaxe en Tui á irmá Lucía, a vidente de Fátima, lembrando os 20 anos da súa estadía en Tui, onde tivo unha das aparicións da Virxe. O mataselos (fig. 19) representa a aparición dos tres pastoriños de Fátima. O emblema da Federación Galega de Sociedades Filatélicas, que foi precisamente creada na cidade de Tui, foi o tema deste novo mataselos (fig. 20) co que se conmemora os 40 anos de existencia e que na actualidade ten a súa sede en Tui. Xa, neste ano 2008, a nosa mostra tiña forzosamente que ser para o noso ilustre paisano, mestre, escritor, investigador e filatélico don Xosé María Álvarez Blázquez, con motivo de ser o personaxe a quen está dedicado o Día das Letras Galegas 2008. O sobre conmemorativo (fig. 21), co mataselos, leva o seu retrato (fig.22). Todos os sobres levan no reverso unha lenda alusiva ao tema. O de don Xosé María leva un pensamento seu que di así: ?No medio, sempre, unha esperanza teimosa, que a voz dos mortos encirra acotío: o futuro da terra. Metido no meu mundo, nos meus libros, na miña ansia de saber, a terra é Figura 19 Figura 20
Nº 369 216