Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Figura 7
Figura 8
Figura 9
Figura 10
No ano 1980, a filatelia tudense estivo presente con este mataselos (fig. 8) conmemorativo do primeiro centenario da Ponte Internacional sobre o río Miño de estilo Eiffiel. No ano 1987, con motivo dos 25 anos do noso grupo, dedicouse a mostra á filatelia moderna e de noveis (fig. 9). A primeira que se celebrou en España nesta modalidade. No ano 1992 a mostra dedicouse a San Telmo, padroeiro da cidade de Tui e dos Navegantes (fig. 10) coas tres carabelas símbolo do V centenario da descuberta de América, e os aros olímpicos alusivos á presenza dos deportistas tudenses nas Olimpíadas, onde un deles, Henrique Míguez, acadou a medalla de bronce en piragüismo. En Tui, o 24 de xuño de 1891, celebráronse os primeiros Xogos Florais de Galicia, onde Alfredo Brañas no seu discurso, falando da nosa cidade, dixo: ?Tui, a máis antiga cibdade d'a terra galega?. Conmemorando este primeiro centenario o mataselos da mostra foi unha obra do pintor Laxeiro (fig. 11). Non podiamos esquecer a figura de Xosé González García, o noso socio de honor, un filatelista que percorreu o mundo acadando medallas de ouro en exposicións internacionais. Na nosa mostra de 1996 o mataselos leva o seu retrato, como a noso derradeira homenaxe aos cinco anos do seu pasamento (fig. 12). No ano 1997 a mostra dedicouse ao Camiño Portugués de Santiago, por ser Tui a primeira etapa galega. O mataselos mostra o mapa galego do camiño (fig. 13). Con motivo de facerse en Tui a Exfigalicia 2000, o mataselos da mostra leva o edificio da chamada Área Panorámica, o antigo Hospital e hoxe Casa da Cultura (fig. 14), onde nos atopamos.
Figura 11
Figura 12
Figura 13
Figura 14
215
Nº 369