BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
mental cidade de Tui. E no mataselos, outra vez a catedral que, a fin de contas, é o monumento máis emblemático e polo que máis se coñece Tui. Ata o ano 1972 estivemos sen celebrar novas mostras. Foi por estas datas cando se fixo cargo da presidencia Xosé Manuel González Troncoso e cando trocamos o noso distintivo (fig. 5). O noso grupo acadaba autonomía propia e pasou a nomearse Grupo Filatélico e Numismático de Tui. Finalizou entón, despois de Figura 5 máis de nove anos, a miña xestión provisional como presidente, para a que fora nomeado tras o falecemento do anterior presidente, para pasar de novo ao meu cargo, o de secretario e comisario das exposicións. A mostra deste ano 1972 foi dedicada ao turismo e a figura do sobre foi a do Túnel das Monxas Clarisas (fig. 6), que neste ano 2008 vén de cumprir 500 anos de existencia. O mataselos ten como deseño o Parador Nacional de Turismo San Telmo, situado na orela do río Miño. Podería ir mostrando, unha a unha, todas as mostras filatélicas celebradas, pero faríase moi longo este traballo. No seu lugar mostrarei aqueles mataselos considerados máis importantes. Eles son, digamos o ?caramelo? dos coleccionistas. No ano 1977 o mataselos da mostra foi dedicado á Festa do Meixón (fig. 7), unha das festas gastronómicas galegas de máis antigüidade, que agora, debido á escaseza e alto prezo desta cría da anguía, non se pode celebrar.
Figura 6
Nº 369
214