BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
toria, a Economía, a Política e a Técnica. En resumidas contas, a Cultura. Todo isto sabíao moi ben don Xosé María, ao que unía a súa faceta de escritor ?que lle deu fama?, contar con ela como un dos seus moitos entretementos. Aproveito agora a ocasión que se me brinda para facer unha pequena lembranza das actividades que, xa preto dos cincuenta anos de andadura, vén realizando o Grupo Filatélico de Tui. Cando falaba da mostra do ano 1963, da cal reproducimos a portada do seu catálogo (fig. 1) ?e todas, mellores ou peores, tiveron o seu correspondente?, había menos de seis meses que o noso grupo comezara a súa andaina. A acta textualFigura 1 mente dicía: ?[...] a súa finalidade é fomentar na cidade de Tui e seus contornos a nobre afección, bela e cultural, que os que fan coleccións de selos de correos [...]?. Estiveron naquela xuntanza os señores Ildefonso Baquero Fortes, Xosé Luís de la Peña y Aznar, Xosé González García, Abrahan da Costa e Xeixas, Alberto Estévez Piña, Pilar Saracho Urtiaga, Luís Rodríguez Silva, Miguel Anxo Vidal Álvarez, Xavier Vila García, Xoán Álvarez Caramés e mailo que isto escribe. Escusou a súa asistencia por motivos profesionais Alberto Esteves de Figueiredo (Albertito), do Bazar Alberto, un experto coñecedor e comerciante filatélico. Desta xuntanza saíu unha xunta xestora que presidiu Ildefonso Baquero Fortes e como secretario, o que escribe. Nomeáronse tamén catro vogais. Adoptouse como emblema o escudo de Tui dentro dun selo e este no interior dun círculo (fig. 2) coa lenda: Grupo Filatélico TudenseTuy, que foi o nome en principio adoptado. A efectos legais pasou a formar parte do Centro de Iniciativas e Turismo, que presidía don Xosé Casal Aboy, como sección filatélica do mesmo. Xa ao segundo ano celebramos unha nova mostra, esta si coa primeira marca especial que Correos concedía a Tui (naquel tempo ás primeiras mostras non se concedían mataselos, máis ben era unha proba da capacidade de organización e da calidade das mesmas). E a tal fin, fixemos en Barcelona un luxoso sobre conmemorativo (fig. 3) cun debuxo da nosa catedral fortaleza, e como lenda os títulos de Moi Nobre e Moi Leal Cidade, que a Tui concedera o rei Felipe IV, co resto das outras cidades que foran capitais do Antigo Figura 2
Nº 369 212