Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Millán coñecemos unha manifestación máis, sen dúbida a máis valiosa e significativa do noso autor, inédita ata o de hoxe. Trátase da traducción, ó grego clásico, do poema de Curros Enríquez ?A Rosalía?, un poema que Isidoro Millán consideraba ?xenial?. Xulgo conveniente sinalar cando e en que circunstancia xurdiu esta singular traducción. Foi o 15 de xullo de 1994, na Casa Museo de Rosalía de Castro (Padrón), no acto literario que conmemoraba o pasamento da escritora. Nese acto, eu presentei un pequeno volume titulado Manuel Curros Enríquez e Federico García Lorca cantan en vinte linguas a Rosalía de Castro (Edicións do Patronato). Os poemas traducidos a tantos idiomas eran: ?A Rosalía? (1891), de Curros, e ?Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta? (1935), de García Lorca. Un e outro poemas aparecen en latín, na versión do P. Sergio Álvarez, quen, en 1980, tamén traducira ó grego clásico a Cantiga de Mendiño. Nesta ocasión, o grego antigo non estaba presente; si, como dixemos, o latín, tan presente que o prólogo da colectánea de 1994, escrito por min, ofrécese, tamén, en lingua latina, no latín do P. Sergio Álvarez, razón pola cal, na portada do volume, figura tamén este título: Manuel Curros Enríquez et Federico García Lorca Rosaliam de Castro viginti linguis celebrant. Supoño que esta publicación, da que estaba ausente o grego clásico, moveu a Isidoro Millán, helenista e devoto do poema de Curros, a facela traducción que hoxe ofrecemos ós nosos lectores. A motivación tivo que ser tan grande e tan imperiosa que, esa mesma noite, realizou a versión. En carta do día 16 de xullo ?ó día seguinte? comunícame:
Onte, xa na casa, volto da festa ?pasada por auga? de Rosalía, ocorréuseme verter ó grego o poema de Curros, o máis inspirado que xamais compuxo. Adícolle este exemplar da ?edición limitada? ós catro destinatarios que fóchedes, se non erro, os que me adicáchedes deica o ano vindeiro o compromiso ou a ?tenzón? de vertelo: Carlos Baliñas, Andrés Torres Queiruga, Xesús Alonso Montero, Ferro Ruibal e, last but not least, a Agustín Sixto Seco, que foi quen organizou a festa e puxo o compango. (Pitanza da que non catamos miga os arredados dela polos lóstregos e estronicios e por aquel ?chover que era arroiar?). Xa se comprende de seu que é unha versión ó grego in modo antiquo: acode ás diccións puras da lingua clásica, mais non á métrica súa cuantitativa senón á acentual, que é a primaria nas nosas falas, tratando de reter así a aérea sutileza, como de gasa sedán, e o xogo de antíteses e contraste de voces deste unicum na obra de Curros, quen propende máis da conta, ás veces, á impostación declamatoria e tonitruante. Versións poéticas das que turran dous tiróns de configuración formal contrapostos, producen sempre un tertium quid. É viño novo en odre vello que rompe e se derrama dos desgastes luídos do coiro antigo. Digo eu.
En folla á parte adxuntaba a versión grega dos versos de Curros Enríquez con esta nota final: ?Puxo o xenial poema de Curros en antigo grego clásico Isidoro Millán GonzálezPardo o 15.VII.1994, CIX aniversario do pasamento de Rosalía?. Moi poucos días despois, o 21 de xullo, envíame unha breve misiva para que eu emende unha palabra, a mesma, ?nos versos 11 e 12?. Non sería este o texto definitivo. En carta do 24 de decembro dese ano, o 1994, faime saber: ?Vai, a volta de folla, o 1.º exemplar da edición retocada da miña versión do poema impar de Curros, pois que fixen nela algunha
237 Nº 364