Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
[...] as we passed near a him. I saw the name of the paper: it was the Socialist journal de Vigo. Life was everywhere. And this impression of active occupation ?an impression new to me in Spain? was increased when we made a brief visit to the fishandfruit market, which is held each morning along the quay, in the centre of the town. This market is the focus of the vivid life of the workers. It is the most animated scene I have ever witnessed.27
Cando hai varios anos escribimos sobre a historia das cidades galegas diciamos que o historiador tiña que captar o ?espírito? de cada unha delas28, que é o que as singulariza. Só os necios, aínda que sexan historiadores, poden interpretar literalmente estas palabras. O que se pretende dicir é que o clima, a localización xeográfica, o comercio, a industria, o traballo, os símbolos, o ocio etc. producen en cada cidade un estilo, unha forma de ser, que impregna o comportamento social. A iso se refería a paremia popular cando lle atribuía a distintas cidades de Galicia unha singularidade: mentres unhas rezan, outras se divirten etc., Vigo traballa. Quen non capte este estilo propio de cada cidade pode amorear información pero non fai a historia dunha cidade e, por iso, é mellor que se dedique a outra cousa. Á intelectual británica abondoulle con botar unha ollada de conxunto sobre Vigo para captar o que nesta cidade era singular: traballo, empresas, optimismo vital, e unha obstinada resistencia, ás veces tinguida de rebeldía, para saír dos atrancos e as disfuncións do sistema capitalista. O lector debe ter en conta a singularidade do proceso de crecemento desta cidade: no ano 1860 contaba o concello con 11.070 habitantes, ninguén podería supoñer que este modesto asentamento costeiro se convertería nunha urbe marítima e cosmopolita, e en 1970 o concello máis poboado de Galicia. Isto foi posible por unha forte inmigración que se viu atraída pola ampla oferta de emprego no sector industrial e de servizos, unido ademais a un alto crecemento vexetativo e á incorporación dos concellos de Bouzas (1904) e Lavadores (1941). Esta nova cidade, a gran capital do sur de Galicia, precisaba dunha nova historia que captara o feito e, sobre todo, as causas deste fenómeno. Xa non lle servían as historias elaboradas no século XIX. E, sobre todo, necesitaba do historiador capaz de racionalizar este proceso. Atopouno en X. M.ª Álvarez Blázquez. 2.1. A HISTORIA DA CIDADE As prospeccións arqueolóxicas, a investigación epigráfica, a localización e estudo das lápidas funerarias romanas, que foron obxecto de consideración neste congreso, a riquísima contribución á lírica medieval galega, así mesmo xa estudada29, foron avances encamiñados nunha mesma dirección: dotar Vigo dunha historia propia e lexitimadora da súa contribución á historia de Galicia. Vigo era máis, moito máis que unha cidade empresarial e traballadora que achegaba unha parte substancial da riqueza do país. É
71 Nº 369