Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
4. Descrición da ría de Vigo. 5. Descrición das illas de San Simón e San Antonio. 6. Descrición xeral do país e arredores de Vigo. 7. Producións do país. 8. Camiños de comunicación do territorio. 9. Noticias xerais sobre a historia política da cidade. 10. Noticias sobre varios homes ilustres. Evidentemente estamos ante unha nova concepción da historia local na que só 60 páxinas (das 230 do libro) estudan a historia política, relixiosa, militar e nobiliaria desta cidade. 1.2. A HISTORIA DE VIGO Y SU COMARCA DE JOSÉ DE SANTIAGO Y GÓMEZ No ano 1896 publicouse en Madrid a obra Historia de Vigo y su comarca20 da autoría de José de Santiago y Gómez. Con esta obra recupérase o método tradicional, prescindido de todas as referencias económicas, climáticas e industriais, agás unha introdución de 33 páxinas que é unha descrición xeolóxica e xeográfica de Vigo e a súa comarca. O autor, que naceu en Vigo, era xenro do escritor Xosé María Posada e tamén o depositario da súa obra, o que explica que prologase o libro do seu sogro, publicado por Martínez Salazar no ano 188821. Estudou dereito en Santiago e Madrid, cidade na que residiu habitualmente. Atraído pola vocación de historiador máis ca pola de avogado, recolleu, segundo di, nos arquivos da capital a información para a elaboración deste libro e outro, en colaboración con Ulpiano Nogueira sobre Bayona22. Posteriormente dedicouse a temas lingüísticos e filosóficos. Dixemos antes que o libro tiña unha estrutura tradicional: ademais da Introdución, á que xa nos referimos, a obra está dividida en tres partes: Orixes. Pobos que habitaron Galicia ata a invasión xermánica. Vigo durante a Idade Media... ata o advenimento dos Borbóns. Dende a dinastía dos Borbóns ata finais do século XIX. A historia de Santiago y Gómez é preferentemente política e militar. Narra con todo detalle as batallas, os combates navais e a participación das autoridades militares e políticas nos acontecementos. Asemade introduce valiosos documentos, especialmente dos séculos XVII e XVIII, localizados nos arquivos centrais que contribúen a enriquecer o relato. Chega no seu percorrido ata a Restauración, é dicir, queda xusto no momento en que Vigo se vai converter na gran cidade galega do sur. A acumulación de datos fai imprescindible o uso desta historia na que se retrata o propio autor como un intelectual conservador, moi relixioso e francamente monárquico.
69 Nº 369