BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
dalizar do xuízo que formula Murguía referíndose ao Vigo anterior ao seu crecemento, cando o definiu como ?el pequeño burgo sin gente y sin historia?8. De todas as maneiras, que unha vila que xogou un papel moi importante na guerra contra Portugal e que foi o berce de trobadores e poetas na Idade Media non merecera atención ningunha dos historiadores e non producira un intelectual que cantara ou explicara a súa historia é un enigma para os historiadores. Pero os poetas ás veces resolven mellor os enigmas que os propios historiadores, coma cando X. M.ª Álvarez Blázquez e Álvaro Cunqueiro no prólogo á grande obra Vigo en su historia9, e referíndose precisamente a esta cuestión nos din que ?parece que al hombre gallego [neste caso ao pobo de Vigo] le importa más vivir la historia que detenerse a relatarla?. 1.1. A HISTORIA DE TABOADA LEAL En decembro de 1840 e nos talleres composteláns de La Viuda e Hijos de Compañel imprimiuse a primeira historia de Vigo10, Descripción topográficohistórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores11. A coincidencia de determinados fenómenos lévanos aos historiadores a pensar que esta non é produto do azar senón de causas determinantes. Que entre 184012 e 1865 se redacten sete historias locais, as da Coruña13, Pontevedra14, Ferrol15, Tui16, Santiago17, Viveiro18 e mais a citada de Vigo, revela unha preocupación, un afán por dar a coñecer os méritos de cada unha destas cidades. E iso por que?, pois porque é nese período cando se está construíndo o novo estado liberal e a rede administrativa das provincias e das capitais está aínda por definir ou consolidarse. Pensemos, de feito, que a historia de Taboada Leal aparece xusto no momento en que, grazas a un pronunciamento militar, Vigo volve ostentar a capitalidade da provincia, aínda que por pouco tempo. Pola súa parte, Santiago, que fora desposuída de todo poder administrativo e quedara só como cabeceira dun xulgado de primeira instancia, loitaba por recuperar polo menos unha capitalidade provincial a conta, en parte, da Coruña e, en parte, de Pontevedra. Por iso estas historia locais están deseñadas e construídas cun dobre obxectivo: o de amosar o seu afervoado liberalismo e o de ofrecer datos que destaquen a súa modernidade e capacidade para xestionar administrativamente o seu territorio. Cos matices propios de cada autor, as obras reproducen o esquema que Taboada Leal lle deu á historia de Vigo: marxinación da historia política, relixiosa e nobiliaria19, e atención prioritaria aos temas da poboación, comercio, industria, educación e mais unha moi selecta relación de homes ilustres entre os que se procura destacar as persoas de acción, que aparecen como exemplos a imitar e símbolos da cidade. É moi revelador do que estamos a dicir o esquema da historia de Taboada Leal: 1. Descrición topográfica da poboación de Vigo. 2. Datos estatísticos sobre os nacementos e a mortaldade da poboación de Vigo. 3. Noticias sobre o proxecto da nova poboación.
Nº 369 68