BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
oje e yreges. Por vez súa, en ms. A inicial falta ademais en e en , e en cambio aparece fóra de lugar en (v.35), onde pode ter certo valor diacrítico no linde silábico, e en (v.80) (§ 4.3,1). Ademais, forma parte dos dígrafos /t?/ (che, choras...) e /f/, este só por tradición cultista no antropónimo Phelipe. 4.2. SUBSTANTIVO E ADXECTIVO 1. O substantivo sangre ten xénero vacilante: en ms. B lese, sen dúbida, o sangre escrarecido (v.20), co xénero masculino característico do galego, pero no mesmo lugar de ms. A o grafema final ten un terminal a media altura que o iguala a algúns dos , por exemplo ao derradeiro do sintagma que vén a seguir, e o distancia do signo final, un anel sen orella; logo, as dúas copias presentan tan limpa sangre (v.38), co xénero feminino característico do español, en consonancia coa castelanización que se advirte na propia forma. É salientable tamén a constatación do xénero feminino de linage (v.40). Con toda probabilidade o substantivo medo presenta vogal tónica pechada como trazo redundante de xénero (§ 4.1,1). No adxectivo antigo atopamos dúas variantes, masc. antigos (< antigoos) e fem. antigua. Aínda que a forma xenuinamente galega e portuguesa é antigo/antiga, fronte a cast. uo/ua, ningunha das dúas variantes é contraria, en sentido estrito, ás regras evolutivas da lingua; a crase das dúas vogais homorgánicas foi temperá no masculino (lat. v. ANTICUS), pero o feminino mantivo as dúas vogais diferenciadas ata que se produciu a igualación nun ou noutro sentido (cfr. cast. ant. antigo/antigua; Corominas: s.v.). 2. O plural dos substantivos e adxectivos rematados en nasal segue o patrón característico do moderno galego central, de xeito constante en ms. B (galás, infançós, millós, algús) e coa excepción de en ms. A. Tamén o adxectivo bisílabo cruel forma aínda o seu plural consonte o modelo centrooccidental (crüés), que no tránsito ao galego actual foi desaparecendo paseniñamente, en favor da solución que conserva o do singular. Non podemos determinar con precisión cal era na altura a distribución diatópica das variantes casás, mantés, etc. do plural de adxectivos e substantivos en l, para os que o pl. aas e as comezara a expandirse no séc. XIII desde variedades atlánticas pontevedresas e no séc. XV acadara xa unha grande difusión na xeografía galega a custo de aes, a variante máis antiga (Maia 1986: 659660); todo apunta a que nas mesmas variedades existían asemade variantes con aes e incluso con ales, unha flutuación que acaso caracterizase rexistros lingüísticos diferenciados, polo que a súa ausencia neste texto engade interese ao testemuño achegado por crüés (e tas, vid. infra). O antropónimo Parga, coma o topónimo que deu tamén lugar ao apelido Parragués ('de Parga', ant. Párrega ~ Párraga), aparece usado en plural referido aos individuos abranguidos polo nome de familia: ?o Rey vos escolleu da fror dos Pargas? (v.70).
Nº 364 264