Imprimir
|
Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
evidente o abandono do grafema dobre, pois pasa a ocupar o seu lugar (ese, vosa, resonen), coa única excepción da ocorrencia illada en ms. B; os dous rexistros de ms. A son hipercorreccións, non consontes coa gramática nin coa etimoloxía (a sg. pavés debería corresponder pl. paveses; lat. CAUSA > port. e gal. cousa). Na mesma posición, en tanto ms. A emprega <ç>, ms. B alterna , se ben non na mesma distribución nin na mesma proporción. O grafema <ç> é infrecuente (9v.) e non ocorre nunca en posición inicial, pero si na interior posconsonántica (alça, alçadas, cançion, infançós, e posiblemente ausençia) ou intervocálica (feço, naçido, certeças); tamén é pouco frecuente (8v.), que ocorre nunha soa ocasión en posición inicial (zanfoña) e as restantes en posición intervocálica (gozo, albrizas, primizas, proezas, gentileza, rezeo); o grafema habitual é , que ocorre con este valor tanto en posición inicial (ceo, ciudade, cengen...) coma interior intervocálica (offrece, conocida, recebe, doce, Galicia...) ou posconsonántica (cancion, doncelas, Alcides...). A escolla de non sempre pode ser atribuída ao apego á tradición gráfica (cfr. port. sanfona ~ sanfonha, primícia, receio). Finalmente, cabe salientar que o antigo grupo sce, i está resolto xa en çe, i(naçido), ce, i (agradecido, conocida). 8. Como representación da fricativa palatal empréganse só dous grafemas, ante (a geito, linage, gentileza, general, yreges, deseges) e ante (ja, dend'oje, congojosa, justo, junto, ajudar, justiçia), nalgún caso no canto do esperable , que non ocorre nunca (deyja). Esta distribución e mais a equivalencia de ante e o dígrafo ante (galego, algún..., fronte a Parragueses, guerra) deberíannos levar a concluír que en cengen, cinge e tragees está representando unha consoante fricativa palatal xorda / / e non o fonema oclusivo / /. Ora ben, os argumentos expostos máis adiante a propósito de cinguir vs cinxir e de trag(u)er lévannos a poñer en dúbida que esa conclusión sexa a correcta e a postular unha moi probable lectura [1] para nestes casos (§ 4.5,2); o grafema tería así o duplo valor atestado en textos antigos e en textos contemporáneos deste (Álvarez & Montederramo 2002: 258). En posición implosiva atopamos, á par de , o grafema en dúas circunstancias diferentes: dunha banda, en sílaba final (paz, uoz, faiz), procedente dun antigo CE e en condicións que fan esperar un moderno [?] en áreas galegas non seseantes (paz, voz; cfr. port. paz, voz, faz); doutra, en posición interior (pezpuntados, mezquiña), cun valor que probablemente fose idéntico ao de , conforme a etimoloxía e a solución normal do galego (pespuntar, pespunte..., mesquiño), mais que tamén podería ser igual ao dos casos anteriores, tendo en conta a deriva dialectal cara a /?/ neste contexto interior17 e mais a evolución castelá cara a mezquino. 9. No uso do grafema , ms. B segue tamén un criterio bastante apegado á tradición: emprégase en toda a familia de honra e noutros casos en que se espera, consonte a etimoloxía (os humanos) ou a práctica castelá (hasta), e só se omite o grafema inicial nas formas verbais de haber (, seguindo a tradición medieval) e mais en
263 Nº 364
|
|