Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
tad para viajar de aquí para allí, recogería todo lo dicho, y mucho más. ¿Y qué no podrá recoger Alethophilo empleando veinte años? [Onomástico par. 693]. Así é que, non para el, senón para outros que veñan tras del, deseña Sarmiento un plano que vai moito máis alá dun diccionario (pois abarca tamén saberes enciclopédicos de moitos outros campos). É curioso que Sarmiento non confiase moito no traballo de equipo, que tanto se leva hoxe porque ?obra que sale de muchas manos y de muchos entendimientos es un queso de sesenta leches. No puede haber en ella la deseada consecuencia?. [Onom. par. 702]. Con todo, o traballo é tan grande que non desbota a idea de ?que en Galicia haya una docena de Alethophilos esparcidos, o que unidos en alguna parte como en Academia, trabajen sobre unos mismos principios, y al mismo fin?. [Onom. 701]; as Academias da Crusca, a Francesa ou a Española, unhas con máis dilixencias ca outras, levaran a cabo empresas lexicográficas colectivas ben ambiciosas e admirables; pero un individuo só tamén é capaz de realizalas como demostra Bluteau, autor dun diccionario portugués en dez volumes en folio publicado a principios do 700, a máis doutros catro volumes sobre outros asuntos. Na Carta a Terreros e no Onomástico fai un esbozo metodolóxico para a confección do diccionario galego; propón os diferentes tipos de diccionario que serían necesarios (dada a heteroxeneidade dos materiais lingüísticos de que se dispón); xustifica a utilidade destes diccionarios; e mesmo se detén nos requisitos persoais, familiares e intelectuais que se lle deben de esixir ó lexicógrafo galego (pois esta é a especialización principal de Alethóphilo). Empecemos por isto último. O Alethóphilo ten que ser un fidalgo con recursos (independente economicamente: ?con 2.000 ducados fijos anuales por toda su vida?); que renuncie ás obrigas familiares (preferiblemente ?sacerdote, sin cura de almas agenas?); ser coñecedor das linguas galega, castelá e latina e ademais ?será del caso tener un Arte y Lexicon de la lengua griega, para leer a lo menos y saber buscar una voz. Lo mismo digo del idioma francés e italiano? [Onom. 697]; non lle sobrará unha boa formación en Artes e Letras Sagradas así como unha pequena información de Xurisprudencia; deberá formar unha biblioteca escolleita (da que é mellor que estean excluídos os libros de xenealoxía; estes só deberá empezar a lelos ós 40 anos, cando xa teña discernimento abondo para xebralas verdades das fantasías). E principalmente, este Alethóphilo, ?el estudio, que jamás ha de dejar de la mano, es la lengua gallega en toda su extensión y de todos países?. [Onom. 664]. Estes entre outros (porque ademais de lexicógrafo tamén se prepara para outras cousas) son os requisitos que necesita o noso Alethóphilo para que, como se di agora, o seu currículo se adecuase ó perfil da praza. En Portugal apareceu século e medio despois un merlo branco desas características, Leite de Vasconcelos; entre nós paréceuselle, pero de lonxe, don Marcial Valladares. O galego na época de Sarmiento non era unha lingua que se puidese estudiar nos textos; un diccionario galego non se podía facer como fixeran os académicos da española
193 Nº 363