BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
?a los niños para castañas, a los viejos para tabaco, a las viejas para una rueca, y a cualquiera para echar un cuartillo de vino?; ?lo mismo digo de las costas marítimas, para recoger conchas y testáceos. Venían a mi los chicos con monteras de varias conchas, y a las cuales daban el nombre vulgar, porque sabían que les había de dar para castañas. Lo mismo hice en orden a vegetables, que no podía ver, y hiciera con los minerales, si hubiese quien me los trajese?. [Onomástico par. 695]8. Os nomes vulgares eran a maneira que tiñan os informantes de Sarmiento de organizalo mundo (e Sarmiento tamén); mesmo tratándose desa parte do mundo constituído por unidades discretas como son as especies vexetais ou animais. Daquela, pola etimoloxía, pola historia natural ou por simpatía cos galegos que non gastaban zapato de ?hebilla?, que eran os que falaban galego, chegou tamén Sarmiento, a través dun proceso reflexivo (que engadiremos ó sentimental apuntado antes), ó descubrimento de Galicia e da súa lingua; durante os 25 derradeiros anos da súa vida foi un tema case obsesivo para el. Vindo xa ó asunto do diccionario galego: a penuria de estudios neste sentido a mediados do séc. XVIII é tan grande que non hai lingua coñecida en situación máis miserable; en efecto ?apenas hay lengua viva en el mundo de la cual no pueda citar desde aquí algún diccionario grande o pequeño, aún entrando en las lenguas más bárbaras; sólo la lengua gallega carece de ese vocabulario. No me opongo a que acaso haya alguno manuscrito en poder de algún curioso. Digo que jamás le he visto, ni manuscrito ni impreso? [CT]. Nin a idade nin a distancia lle permiten a el xa a esa altura (1755) acometer unha empresa semellante, cousa que lamenta pois ?si yo tuviese veinte años menos hubiese de vivir en Galicia diez o doce años, tomaría gustoso el trabajo de leer algunos manuscritos antiguos y de recoger muchas voces y frases del idioma de hoy. (...) Pero siendo mi residencia en Madrid, y no habiendo estado en Galicia sino de paso tres veces solas, que juntas no han llegado a dieciocho meses, claro está que ya no puedo concurrir sino con los buenos deseos? [CT]. E os seus bos desexos tradúcense no único que podía facer: nun proxecto que, como moitas outras ideas del, quedaron sen realizar. Xa prevía que era dificultoso levalo a cabo porque o que non era de nación galega non tería interese nunha empresa ?que juzgaría inútil y árida? [CT] (na obra dun diccionario hai sempre un impulso patriótico); os galegos establecidos fóra xa vimos que o único que lles interesaba era esquecer canto antes o galego ?y los que siempre viven y han vivido [dentro del reino] jamás han pensado en eso? [CT]. Aínda así non considera irrealizable o proxecto pois el mesmo, en pouco tempo, demostrou que se podía facer: ?Ya me hago cargo de las dificultades que me opondrán a todo lo dicho. Pero yo no me espanto de ratones. La mayor dificultad que hay será un no querer y la pápara cantinela de Galicia, Non señore, acá non fazemos iso. Nada propongo aquí que no haya ejecutado yo, y aunque no con tanta extensión con la bastante respecto del poco tiempo que anduve por Galicia, y muy de paso. Con seis años que yo estuviese en Galicia, y con medios y liberNº 363 192