BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Santiago (445, 929, 1217, 2107, 2108, 2582); Santiaguiño (513); Sara (327, 102, 103, 104); Serafín (867); Silvestre (2572d); Soidade (2428); Taranara (182); Teresa (691); Tupina do Rixón (417, 1608); Tutaitinas, O (1163); Vicente (510); Xan (2573m, 2573d, 2573b, 1985, 1987, 54, 368, 1068, 2137, 2530); Xan Guindán (2586); Xan Manoel (1446); Xancebás (991); Xanciño (2573ñ, 2559ñ, 2573h); Xermán (831); Xerónima (2581); Xesucristo (1395, 2111); Xesús (634, 2558k, 107, 108, 2574, 904, 974, 2541, 2582); Xoán (725, 780, 789, 2111); Xoana (605, 2586); Xoquín (462, 1849); Xosé (2098, 2558k); Xuliano (2542). Aparecen outras denominacións antroponímicas. Na c. 612 (Chamáchesme dos da néboa / porque paso o río Limia; / eu chámoche porreteiro, / ceboleiro de Xendive) e en 218, 197 anota que os do val do Limia son coñecidos como os da néboa, polas brétemas que provoca o Limia, mentres que os de Xendive corren como ceboleiros. Os do birrete bermello da c. 1378 (Miña Virxe da Peneda, / vín acá, non teño medo; / veño ben acompañada / dos do birrete bermello) son os portugueses, polo barrete semellante ó dos pagesos cataláns e X. Lorenzo di en presente ?que usan os de estas fronteiras? (CPLB 243, 447), cousa que hoxe xa é unha noticia histórica.
7. DOUS TIPOS DE ERUDICIÓN Non vou dicir que Xaquín Lorenzo fose un erudito, do estilo de Risco ou Otero Pedrayo, capaces de elaboraren unha teoría orixinal sobre un material recollido. Os que coñeceron a Xocas (e el mesmo) sinalan que o seu irmán Xurxo, prematuramente falecido, era desoutro estilo, máis brillante. Pero Xaquín foi indiscutiblemente un traballador incansable, un arrecadadador e organizador de datos miúdos que, debidamente ordenados, constitúen un tesouro. Cando un corpus de datos é rico e está ben ordenado tampouco se precisan grandes teorizadores, porque o conxunto fala en por si. Nunha cadea de produción (mesmo de produción cultural) tódolos traballadores fan un traballo indispensable. Hai dous tipos de erudición neste Cantigueiro. En primeiro lugar, a literaria. Nos paralelos e glosas cita a Airas Nunes (CPLB 210, 112), Marqués de Santillana (CPLB 217, 185), Rosalía (CPLB 202, 44; 210, 110), Cervantes (c. 702; 223, 227), Quevedo (CPLB 215, 166), Lope de Vega (218, 199; 221, 212), Tirso de Molina (CPLB 231, 318; 238, 394); Lope de Rueda (242, 433), San Xoán da Cruz (CPLB 245, 462), Teresa de Xesús (CPLB 273, 759), Calderón de la Barca (CPLB 258, 607), Jorge Manrique (PPLB 263, 662). Dos lugares galegos cita preferentemente Arousa e Ribeiras do Tea (por Bouza Brey), Muros (por Fabeiro), Borneiro (por experiencia persoal: ns. 71). Dos lugares portugueses, ademais do xenérico Portugal, cita moito Arouca, S. Simão de Novais, Monte Córdova, Minho, Viana do Castelo, Celorico de Basto, Barcelos. E tamén o Cancioeiro de Évora do s. XVI (CPLB 242, 426). Dos lugares de lingua castelá, ademais do xenériNº 365 102