Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Inauguración da exposición De Rosalía a Castelao: Galicia (1985). De esquerda a dereita, Raquel Casal, Asunción Baltar, Teresa Castelao, Carlos García Martínez, Xerardo Fernández Albor, Xusto Beramendi, Antonio Rosón e Xaquín Lorenzo
O 19 de xuño de 1983 impónselle a primeira Insignia de Ouro do Museo, que recibe de mans de Antonio Fraguas no mesmo acto en que se lle fai entrega do Premio Trasalba. Un ano máis tarde, será el quen lle impoña a Fraguas o mesmo emblema. En outubro de 1985 organízase o I Congreso europeo do Hórreo na Arquitectura rural. A apertura polo Presidente da Xunta de Galicia tivo lugar no Paraninfo da Universidade, lendo don Xaquín a lección inaugural10. En 1988 o Museo do Pobo Galego e mais o Museo Arqueolóxico ourensán ofrécenlle unha exposición homenaxe, Galicia ao través dun obxectivo, no marco do certame ?Outono fotográfico?, que presenta, primeiro en Ourense e logo en Santiago, unha antoloxía dos traballos fotográficos de don Xaquín. Por entón a súa saúde andaba xa algo quebrantada, polo que non sempre podía atender as demandas que desde o Museo se lle cursaban. Así o fai constar en varias das frecuentes cartas que intercambia co seu fraternal amigo Antonio Fraguas, director do centro. Con todo, na medida das súas posibilidades, participa con entusiasmo e asiste ?polo común en compañía do incondicional e devoto XoséLino VázquezMonxardín? á maioría das sesións do Padroado. E case nunca acudía coas mans baleiras. A expensas da súa magra economía, foi arrequecendo a incipiente biblioteca con doazóns tan valiosas como as edicións facsimilares das Cantigas de Santa María, do Lapidario de Afonso X e do Libro do Xadrez. Ao finalizar as asembleas, compartía o xantar que adoito congregaba aos patróns no comedor do Estradense, nun ambiente de inesquecible cordialidade,
131 Nº 365