BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
A biblioteca Lorenzo Fernández do Museo do Pobo Galego
no que el facía gala de humor e excelente apetito, aspectos ambos nos que rivalizaba con Fraguas. No serán do 18 xullo de 1989 falece na súa casa de Facós, en Lobeira. A capela ardente instálase no salón de sesións da Deputación Provincial de Ourense, onde recibe unha derradeira homenaxe desde todos os sectores sociais e culturais de Galicia. Para substituílo na Presidencia do Padroado do Museo será elixido don Antonio Fraguas. Nas súas disposicións testamentarias, consoantes coa xenerosidade que o caracterizara en vida, deixou o seu herdo intelectual e científico ao Museo do Pobo Galego. O 12 marzo de 1990 a institución recibe o legado material, que comprende preto de 3.500 monografías e folletos, un centenar de títulos de publicacións periódicas e un conxunto documental, que se atopa clasificado en trinta e oito unidades de instalación. Cóntanse tamén neste fondo máis de dous mil documentos gráficos (fotografías, negativos, postais e diapositivas), 78 pezas etnográficas, 81 obxectos persoais ?condecoracións, premios e homenaxes, principalmente? e 18 pezas do seu equipo fotográfico. A isto cómpre engadir a cesión a favor do Museo dos dereitos da súa obra. Desde o seu pasamento, a memoria de don Xaquín mantense viva nas institucións das que fora inspirador. En 1990 o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense organiza unha homenaxe á súa memoria, na que o Museo do Pobo Galego colabora cedendo materiais etnográficos para a exposición Os oficios tradicionais.
Nº 365 132