Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
lla, enmárcanse en festas organizadas por unha corporación local. Especialmente relevante é o seguinte fragmento tomado da carta que Domingo Álvarez lle envía desde a Coruña, o 2 de novembro de 1604, ó conde de Gondomar:
En Bayona hubo una fiesta de sortija donde fue padrino el buen capitán Pena, que por ser fiesta hecha por el nacimiento del príncipe nuestro señor y en tierra de V.md doy quenta della. Es el caso que el dicho Pena entró en la plaza con su lanza y en ella puestas las coplas que van con esta que dio al capitán Grijalva que hera juez y en dándolas corrió treinta carreras abajo y arriba que valieron toda la fiesta por que no se olbidara de su pohessía [RB II/2113, 77].
Indícanos ademais en que forma este tipo de poesía circunstancial chegaba a mans do conde, pois o remitente, sabedor do seu gusto por este tipo de poesía, engade: «Las ymbio a vmd originales que entretendrán un rato». Uns anos antes, en agosto de 1596, Baltasar de Pazos e Figueroa, escribe desde «Fuente del Plazer» a don Diego convidándoo a «honrar nuestra fiesta de nuestra señora del Rosario, que es a ocho» [B II/2157, 186] e solicitándolle «ser mi juez para mi sortija»13. O 3 de setembro reitera o seu convite engadindo outro acto ó festexo, a representación dunha comedia: «se sirba de benir en el sábado a las bísperas que tendremos comedia de faranduleros y otras cient mill cosas que no ay en Gondomar». Por carta de 11 de setembro do mesmo Baltasar, remitida dende Vigo, deducimos que Diego Sarmiento de Acuña acudiu a esas festas, xa que, ó lle dar conta do estado de saúde, comenta: «ya estoy bueno y con más ánimo que el día de las fiestas; causalo v. m. que siempre me haze md. de animarme» (RBII/2157, 193). Á marxe destas festas locais, nas que puido ter lugar a representación do Diálogo, cómpre examinar outro espacio posible: a «corte» gondomarense en que se instala o conde durante o seu período de actividade militar na defensa das costas de Galicia, entre 1595 e 1596. En efecto, se analizámolo Diálogo en relación coas coplas «A la muerte de una ropa del Sor Luis Arias Vezerra», que, entre outros textos, o acompañan na súa carpetiña, ou coa «Canción en loor de don Diego de las Mariñas», mencionada máis arriba, ou coas «Coplas hechas por Joseph de Porres al feliçe alumbramiento de mi señora doña Costança de Acuña...», obteremos pistas moi fidedignas para nos aproximar ó ámbito en que se produciu e en que foi lido ou representado. A carta que Phelipe de Montenegro e Sotomayor envía a Diego Sarmiento de Acuña o 10 de novembro de 1596 desde Pontevedra é clave para a reconstrucción dese ámbito. Por medio dela comunica ó seu destinatario a melancolía que sente en «este destierro de Pontevedra» despois da súa estadía como hóspede «en esa corte», e advírtelle que don Diego das Mariñas está despachando «para saber nuevas de su salud [do conde de Gondomar]». A modo de post scriptum anota «Suplico a Vm buelva la oja», e no verso, por man diferente á da carta, hai unhas redondillas, baixo este epígrafe: «Esta es una obra en coplas castellanas com249 Nº 363