BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
puestas por el dueño de la mula de los menores dirigida a un capote y a unas votas. Comienza la obra» [RB II/2157, 20]. A relación desta composición coa titulada «A la muerte de una ropa del Sor Luis Arias Vezerra», que ten como primeiro verso «Capote que dexaste de ser ropa», non deixa lugar a dúbidas. Ambas parecen xestadas nun mesmo certame literario ou escarnio, tan frecuentes en tertulias cortesás. Carmen Manso (1996: 5556) no capítulo dedicado ás afeccións literarias de Gondomar comenta, xunto coa citada carta de Felipe de Montenegro, outra de don Diego das Mariñas, datada en 1611 [RB II/2175, 104], e observa que:
Así, su amigo don Diego de las Mariñas, que fue capitán general de Galicia (15981605) y mantuvo mucha correspondencia con él [i.e. conde de Gondomar] lamentaba desde El Caramiñal (24XII1611) que no respondiese a sus cartas añorando los momentos de diversión que habían pasado en Gondomar, cuando se reunían para comer, beber y coplear. Para asegurarse de que recordaba todo esto, le pide un traslado de las coplas que habían hecho «al capote y botas de Luis Arias y mula de los menores de don Phelipe», que él había extraviado, pero don Diego se las sabía de memoria. A estas mismas coplas hace alusión y le adjunta el texto de su inicio, su amigo Felipe de Montenegro desde Pontevedra (10X1596)14.
Á luz desta documentación, parece verosímil postulala existencia dunha pequena «corte literaria» durante a estadía de don Diego Sarmiento de Acuña no seu pazo de Gondomar. Esta estadía prolóngase desde fins de 1594, cando viaxa con toda a súa familia desde Valladolid, ata principios de 1597, cando toma posesión do correxemento de Toro. Diego das Mariñas apúrase a escribirlle desde a Coruña xa o 28 de outubro de 1594 dándolle a benvida (vid. Tobío 1974: 175177). A correspondencia cruzada entre ambos durante ese período é abundantísima ?especialmente sobre asuntos militares, xa que Diego das Mariñas é capitán xeral do reino de Galicia e o conde de Gondomar é gobernador da xente de guerra do bispado de Tui?, e dela dedúcense encontros frecuentes entre ambos e a presencia de Diego das Mariñas en Pontevedra. Establecida a existencia de intercambio literario arredor destes dous persoeiros, interesa agora determinar se os textos mencionados e o noso Diálogo poden ser adscritos a esa corte literaria. Cremos evidente que as «Coplas al Capote...» non ofrecen ningunha dúbida sobre a súa pertenza a este contexto, pois senllas cartas, de Felipe Montenegro e de Diego das Mariñas, así o confirman; de por parte, o seu xénero, o escarnio, é moi propio deste tipo de reunións literarias. En canto ás «Coplas al feliçe alumbramiento...», polo seu ton laudatorio tamén parecen ser adscribibles, aínda que non necesariamente, á «corte literaria gondomarense». A fins de 1594, cando Diego Sarmiento chega a Gondomar, a súa esposa dona Constanza atópase embarazada de don Alonso; e un ano despois, en 1596, o seguinte fillo, don Gabriel é bautizado na igrexa de San Bieito de Gondomar. É logo bastante crible que o poema se xestase ou lese no grupo que se reunía en Gondomar e participaba das afeccións literarias do conde. Tamén de marcado acento laudatorio, e en lingua galega,
Nº 363 250