Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
do Cando? (165, 4); ?A reina asoupada [?] sen folgo? (174, 1); ?tamén lle encheron ò atustullaron? (220, 3); ?Arrieiro/ocheiro? (518, 4); ?No ayre, humha cousa un tarin? (631, 1); ?jamais; seica creo que val vinte reas cuido que ten muito prezo? (637, 34); ?Se val vinte râs muitos cartos? (646, 1); ?Garrafas ou cantaros sellas? (674, 3); ?Què xarelas, tristes[?] Lurpias? (739, 3); ?cheiraba en extremo de preto? (740, 4); ?è pedin preguein por ele? (878, 3); ?è postrº sombreiro chapèo? (931, 4); ?mais faltache ò zelme sisso? (1064, 3); ?e chuch sugar os dedos? (1109, 2). É certo que nuns poucos casos, Sarmiento corrixe unha forma 'enxebre' galega por outra (zelme / sisso; chuchar / sugar), e noutras a corrección é indiferente desde ese punto de vista (val vinte reas / ten muito prezo), pero en ocasións, trátase de 'enxebrizar' o texto, nun primeiro pulo daquela tendencia cara ó diferencialismo que tanta forza acabaría gañando no galego literario: arrieiro / arrocheiro, creo / cuido, vinte râs / muitos cartos, cantaras / sellas, en extremo / de preto, pedin / preguein, sombreiro / chapèo. Nunha ocasión concreta, Sarmiento lembra unha palabra que, segundo el mesmo conta, lle oíra á súa cuñada María Magdalena de Ogando (a esposa de Francisco Xavier), e que deixara anotada nos cadernos do seu Catálogo de voces y frases gallegas, obra esta que é precisamente a fonte dunha boa parte do léxico do Coloquio: ?Atustullados. Usólo mi cuñada hablando de barriles bien llenos y atestados, y acuérdome que en Samos llamaron al cascote y broza, entullo?12. 5. Os prelos evitados. A tradición manuscrita Como se sabe, das dúas pezas (Coloquio e Comento), que compoñen a que conviñemos en denominar Colección, a que tivo unha maior circulación, cando menos pola vía da imprensa, foi a primeira. Canto á tradición manuscrita, é de supoñer que acontecese algo similar, aínda que non podemos aseguralo con rotundidade, pois estamos lonxe de posuír unha visión completa dela. De feito, unha das primeiras sorpresas con que topa o filólogo que se achega a esta obra é a escasa atención que se ten prestado, mesmo por parte dos editores recentes, ó proceso de transmisión do texto13. Tendo en conta que carecemos dun debido estudio deste proceso, imos resumir o que sabemos del, para pasar a considerar a difusión impresa. De primeiras, hai que salientar que o Coloquio chegou a circular como peza autónoma, cousa que, ata onde sabemos, non aconteceu co Comento, que só foi divulgado como parte da Colección. Coma o groso da da producción sarmentina, o orixinal autógrafo da Colección de voces y frases gallegas (no noso estema aparece signado como A), que o autor debía gardar no seu arquivo particular, foi copiado para formar parte da Colección MedinaSidonia (signado como C no noso estema), e a partir de aquí recopiado por unha banda para a Colección Dávila (D no estema), e pola outra para a Colección Los Heros (E no estema). Alén disto, máis ou menos polo tempo en que se comezou o traslado da Colección MedinaSidonia (c. 1770), un tal Juan Álvarez Bañales subscribe unha transcrición do texto14 ?en Madrid a 12 de setiembre de 1771?15; denominaremos este manuscrito como B. Este
101 Nº 363