BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
do manuscrito nesa altura e a do autógrafo do propio Catálogo de los pliegos é moi evidente (véxase ilustracións nº 5, 6 e 7). De feito, na páxina 451, onde remata o comentario da copla 65 e vai o da 66, xa é perceptible a alteración na letra do autor (nº 5). A partir de aquí e ata o final, a progresiva degradación desta é moi notable, e paralela á que observamos noutros autógrafos del (véxase ilustracións nº 8 e 9). 3. Ida por volta. Breve nota sobre a historia do autógrafo Unha pregunta que asalta inmediatamente ó estudioso do escrito é: se en 1751 Sarmiento enviou a Rávago o texto das Coplas e do Comento das trece primeiras coplas, ¿como é que ese material está hoxe reunido co que aquel escribiu en datas posteriores? O propio autor nos dá a pista na carta remisoria a Rávago, onde lle di:
?Y siendo Constante que para ningun Castellano tienen atractivo alguno las Coplas, y que ninguno de ellos se interesa en el Origen de la Lengua Gallega, Claro està que solo à mí, ò à Xavier, u à otros Patriotas Curiosos de Pontevedra, podran servir de Algo los 15 pliegos dichos. Asi, hè de deber à V. Sª. que despues de auerlos repasado, y acaso si gustaren, y gustare, leído, se sirva devolvermelos, pues ya à V. Sª. no le podran seruir de cosa, y à mí, teniendolos a mano, acaso me excitaran el antojo de corregirlos y proseguirlos, quando mas enfadado estubiere de impertinencias extrañas, inútiles y desavridas.? (pro ms.; véxase ed. facsímile).
Coñécese que o confesor do rei accedeu á solicitude do frade e volveulle o texto, de maneira que este puido seguir co labor. Isto explica que hoxe estean reunidos no noso códice os materiais redactados antes de 1751, cos compostos despois desta data. No tocante á historia do exemplar posterior ó pasamento do seu autor e dono, temos que confesar a nosa ignorancia. Nun momento e dun xeito que non podemos precisar, este pasou a mans do coñecido bibliófilo Pascual de Gayangos (18091897), que probablemente será o responsable da súa encadernación. Foi formando parte do fondo de Gayangos como o códice pasou a mans da Biblioteca Nacional de Madrid, onde repousou sen que ninguén o incomodase ata febreiro de 2002. 4. O enxebrismo agurgullando. Correccións do texto do Coloquio Un dos aspectos máis interesantes desde o punto de vista lingüístico, do autógrafo, é que nos permite observar as correccións que o autor realizou sobre o texto, correccións que, obviamente, están apagadas no resto da tradición manuscrita. Destas, algunhas son pouco significativas: ?e toma colle un refolgo? (18, 3); ?no lado dereito ezquerdo? (69, 3); ?pois n'avia vento / faltaba? (312, 1); ?nos enterramentos lutos? (368, 4); ?na festa no dia de Corpus? (531, 3); ?gaitas e pandeiros / frautas? (706, 4); ?meternos quixemos / entrar non? (747, 2), etc. (as palabras están riscadas no manuscrito). Noutros casos, as correccións teñen un notable interese filolóxico, en particular, léxico, como mostrarán os casos seguintes: ?do mal das viròlas vexigas? (109, 3); ?QuanNº 363 100