Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
posta é moi sinxela: a letra é inequivocamente a de Sarmiento, que escribía con caligrafía moi característica, clara e doadamente lexible. Coidamos escusado desenvolver un estudio paleográfico detallado, pois a letra é recoñecible como do autor cun simple cotexo cun autógrafo indubitado da mesma época (véxase ilustracións 1 e 2). Nótense as peculiaridades na forma do , , , e ; do a inicio de palabra, do , do e do . Canto a que sexa o orixinal, coidamos que existen argumentos que despexan calquera dúbida. a) Na copia da Colección MedinaSidonia o responsable desta anota a extensión do orixinal, 70 pregos, indicando que ?las Coplas son 1.200, pero el Glosario ò Comento se quedò en la 197?. En efecto, o noso códice remata na glosa da copla 197. Por parte, tendo en conta que, como veremos de contado, o autor precisa noutro lugar que o formato é en cuarto, e que un prego en cuarto dá oito páxinas, resulta que 70 pregos fan 560 páxinas, exactamente as que ten o noso códice. b) Na carta remisoria a Francisco de Rávago (14/I/1751), o propio autor di: ?Remito a V. Sª inclusos esos 15 pliegos de Marquilla, y de mi letra... Los 8 Pliegos contienen 1.200 Coplitas... Los 7 Pliegos restantes contienen vn ensayo de Comento o Glosario de todas las vozes que se hallan en las 13 primeras Coplitas...?. Xa que logo, temos que as coplas enchían 64 páxinas, exactamente as que corresponden ó noso códice; mentres que, segundo o cómputo do autor, a explicación das 13 primeiras coplas ocuparía 56 páxinas; en realizade, no manuscrito as 56 primeiras páxinas conteñen a glosa das 12 (e non das 13) primeiras coplas, pero obviamente trátase dunha pequena imprecisión. b) No final do comento da copla 30 (páxina 321 do ms.) o autor pon unha ?Nota General? en que advirte: ?Antes de el Mayo de 1753, yà avia escrito las 1200 Coplitas y estos 40 pliegos de Glossario sobre las 30 coplitas primeras. Desde entonzes asta hoy 7 Agosto de 1761 ha estado detenida esta obra? (pro ms; véxase ilustración nº 3). Os corenta pregos computan exactamente 320 páxinas, de maneira que a coincidencia co códice é completa. Tamén é moi notable o cambio na forma da letra entre o folio 320, escrito en maio de 1753, e o 321, escrito oito anos e tres meses despois (véxase ilustracións nº 2 e 3). É de notar a evolución que experimentou a letra neses anos, explicable se reparamos en que en 1753 o noso autor facía cincuenta e oito da súa idade, e en 1760 xa contaba con sesenta e cinco. En todo caso, as mudanzas entre a letra do primeiro ano e as do segundo son perfectamente comparables coas que detectamos noutros autógrafos indubitados do noso autor (véxase ilustracións nº 1 e 4). c) No autógrafo do Catálogo de los pliegos, datado en novembro de 1767, no parágrafo correspondente ó traballo literario que realizara en 1747, Sarmiento apostila, referíndose ó Comento: ?solo lleguè a la copla 70, y en eso ocupè 57 pliegos de Marquilla en 4º? (pro ms.). Atopamos aquí dúas indicacións relevantes sobre o formato: os pregos eran de marquilla, e en cuarto. Botando contas, isto situaríanos na páxina 456; pois ben, efectivamente no noso códice a glosa da copla 70 remata nesa páxina. A semellanza da letra
99 Nº 363