Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
31 a 40) e que se pecha antes de novembro de 1767, en que o escolio avanza ata a copla setenta; a cuarta e última, para datar a cal só podemos apoiarnos en que a glosa da copla 146 foi escrita en 17708. Os versos do Coloquio están encabezados polo rótulo ?COLOQUIO de 24 Gallegos Rústicos?, pero o prefacio que os precede aparece baixo un epígrafe que comeza coas palabras ?Colección de muchas Palabras, Vozes y Frases Gallegas?. Contra o que puidera parecer a primeira vista, esta segunda rúbrica moi probablemente se refire só ó Coloquio, e non ó conxunto do Coloquio e mailo Comento. O organizador da Colección MedinaSindonia (da que falaremos axiña) retomouna e reformulouna, titulando ese conxunto do seguinte xeito: Colección de voces y frases gallegas en coplas y un glosario de dichas voces (C. M.S., vol. III, fols. 1r448v). No Índice e a Chronología desta Colección9, aparecen variacións sobre esta rúbrica, igual que acontece coas copias realizadas a partir dela, que tenden a amplificala. O único editor do Coloquio e o Glossario xuntos, José Luís Pensado, intitulou globalmente Colección de voces y frases gallegas10, aplicando ó conxunto unha rúbrica inicialmente concibida para a primeira peza. A verdade é que, como de contado veremos, dada a pouca clareza do autor e dos copistas, cada editor optou por un título distinto. O mesmo fixo o responsable da encadernación do orixinal autógrafo de que máis adiante falaremos, co resultado de que o contido real do códice ficou velado, e o manuscrito pasou desapercibido para os estudiosos: Glosario en que se trata del origen, antigüedad, etimologías y esplendor de la Lengua Gallega. Pola nosa banda, adoptamos o rótulo Coloquio en 1.200 coplas galegas (ou máis brevemente, Coloquio en coplas galegas) para o primeiro texto, Glossario ou Comento para o segundo, e Colección de voces galegas en coplas, cun glosario para o conxunto. Noutro lugar achegamos pormenorizadamente argumentos a nosa escolla, que non imos reiterar aquí (Monteagudo, art. cit). No presente traballo, referirémonos ó primeiro como Coloquio ou Coplas, ó segundo como Glossario ou Comento, e ó conxunto como Colección. 2. O texto emerxente: noticia do orixinal No prólogo á súa edición da Colección, J. L. Pensado afirma: ?El objeto de nuestra edición es alcanzar un texto lo bastante depurado de los descuidos de los copistas que siempre son muy abundantes dada la dimensión de la obra de Sarmiento. Todo sería bien fácil si hubiésemos tenido la fortuna de dar con el original de Sarmiento; pero a pesar de nuestras múltiples gestiones nos ha sido imposible? (Sarmiento 1970, 67). Nunca chegou a sospeitar o benemérito sarmentista que o cobizado orixinal se custodiaba exactamente no mesmo edificio onde el mesmo pescudara, e aínda había pescudar, durante anos e infatigablemente, escritos de Sarmiento: a Biblioteca Nacional de Madrid (ms. 18.777). Existen razóns de peso para xustificar o feito, outramente sorprendente, de que o profesor de Salamanca non dese co noso códice. Sinalemos algunhas: (1) Non existí97 Nº 363