BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
coñecedor e constante estudioso dos fondos sarmentinos, dábaa por perdida. No marco do Proxecto Sarmiento recentemente posto en marcha polo Consello da Cultura Galega, e seguindo a pista fornecida polo profesor José Santos Puerto3, a comezos do ano en curso a Colección MedinaSidonia, que se achaba precisamente no Arquivo Ducal de Sanlúcar de Barrameda, foi consultada e reproducida mediante fotografía dixital, previa autorización de Dona Luísa Isabel Álvarez de Toledo, actual Duquesa de MedinaSidonia. Este foi un primeiro paso, moi importante, de aproximación ó orixinal do Coloquio e do resto dos escritos sarmentinos4. Moi pouco despois, e no marco das tarefas preliminares do mesmo proxecto, axudado por un golpe de vento propicio da sempre impredicible fortuna (a mesma veleidosa e cruel fortuna que un mes máis tarde nos arrebataría ó chorado amigo Carlos Casares, principal inspirador do Proxecto Sarmiento), o autor destas liñas localizou o orixinal autógrafo da obra. O achado deste e da súa copia directa e principal convida, obviamente, a unha revisión das edicións anteriores de cara á preparación dunha edición crítica. O presente contributo, que se complementa con outro de aparición simultánea5, constitúe un avance dese labor previo de revista que precede á edición crítica que agardamos poder ofrecer en datas próximas. Entrementres, pódese consultar as edicións do Coloquio que xa demos ó prelo, unha de intención divulgativa6, e a outra facsímile do autógrafo7. 1. Eclipse dun autógrafo: os textos e os rótulos Como é sabido, o noso sabio deixou incompletos tanto o Coloquio coma o Glosario e non lles deu un título definitivo. Comezaremos por referirnos de pasada a este asunto, sobre o que argumentamos máis de vagar no traballo a que máis arriba nos referimos. Pero antes, é obrigado detallar as pezas textuais que compoñen o conxunto: 1. Unha carta remisoria ó Padre Francisco de Rávago, confesor de Fernando VI, datada a 14 de xaneiro de 1751, en que Sarmiento se refire ó Coloquio e ó que naquela altura levaba redactado do Glossario, o escolio das 13 primeiras coplas. Esta epístola constitúe unha especie de presentación do traballo. 2.O Coloquio propiamente dito, que se alonga en 1200 coplas, e que vai precedido dun breve prefacio do autor e unha táboa con 25 dramatis personae. Segundo a información do propio Sarmiento, o Coloquio compoñeríase contra os finais de 1746, pero temos argumentos para sospeitar que polo menos a parte final se compuxo despois de outubro de 1747. 3.O Glossario ou Comento, que chegou á copla 195, e que foi redactado saltuariamente desde polo menos fins de 1750 (probablemente antes) ata polo menos 1770, nas seguintes fases: a primeira, c. 1750, que corresponde á glosa das trece primeiras coplas; a segunda, desde 1751 a maio de 1753, cando se escribe o comentario das coplas catorce a trinta; a terceira, que se abre en agosto de 1761 (nese mes realiza a eséxese das coplas
Nº 363 96