BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
no relato titulado ?Gaitana? (pp. 1534), pon en boca do histórico Capitán Pedro de Añasco (1ª metade do s.XVI) é todo un invento de Avilés, pois, se ben a Cacica Gautipán, a quen os colonizadores deron, efectivamente, o nome de La Gaitana, tivo existencia real e pasou á historia como unha heroína de lenda, case todas as versión parecen coincidir en que esa muller non lle deu tempo a Pedro de Añasco para que vivise moitos días, e moito menos ?anos?, como se di no texto, pois unha vez que o tal capitán queimou vivo ao fillo da cacica diante dela, reuniu esta axuda abonda, mandouno prender, tiroulle os ollos das súas concas e escachizouno non sen antes pasealo entre as súas xentes atado cunha corda que lle atravesaba a queixada. Pero o monólogo do capitán (que se redime aos ollos do lector e, non hai dúbida, do propio escritor, por lembrar ao final a súa ?verde terra da nenez? e ?a voz da miña nai que me reclama?) sérvelle a Avilés para contarnos unha patética e desesperada historia de paixón amorosa e sexual á par do proceso dun arrepentimento e dunha confesión sincera das barbaridades que Pedro de Añasco recoñece ter cometido por exceso de ambición e prepotencia diante duns pobres indios que, mansos e indefensos como parece que eran, coidaban que os españois eran inmortais, ata que un cacique tuíno de nome Urayo ou Uraoyán probou a afogar a Diego Salcedo no portorriqueño río Gauorabo (na actualidade río Grande de Añasco) demostrando a falsidade daquela crenza e cambiando deste xeito o curso da historia do Caribe. A este monólogo de Pedro de Añasco, que está a seguir da introducción paratextual en cursiva que vimos máis arriba, correspóndelle na estructura editorial do libro un ?soliloquio? situado case ao final da Crónica, antes do paratexto epilogal. Nesta ocasión, o autor préstalle voz ao histórico personaxe Pedro Sarmiento de Gamboa para expresar tamén agora unha paixón inútil e desesperada, un amor non correspondido pola raíña Elisabeth I de Inglaterra, a Raíña Virxe e meiga que preferiu ao tamén histórico ?poeta e bucaneiro? Walter Raleigh, sobre quen Gamboa descarga toda a súa xenreira con alarde de coñecementos das literaturas alquimistas inglesa (traendo a colación unha das múltiples versións do estraño texto do século XV, de Georges Ripley, coñecido como The Ripley Croll) e latina (Mylius, Philosophia reformata), amén doutras referencias clásicas, como á Eneida, de Virxilio, etc. De certo, poderiamos seguirlle o rastro enciclopédico a outros personaxes que circulan pola Nova crónica das Indias, pois Avilés estaba documentado e sabía de historias, de abusos, de masacres e de xenocidios, antigos e contemporáneos, así como de xestas heroicas a cargo de libertadores como Antonio Nariño, personaxe que chegou á presidencia de Colombia despois dunha longa traxectoria de peripecias e sufrimentos sempre cun ideal á fronte: a independencia de Colombia, que conseguiría finalmente Simón Bolívar. Ou doutros non tan entregados á causa indíxena, como o do bispo capuchino Plácido Crous, que glosa Avilés con ferrete humorístico no derradeiro relato do libro, o titulado ?Servos de Deus e amos de indios?16, e que recorda moito ao que comentei máis arriba sobre o cacique Urayo, pois tamén nesta ocasión, despois de un indio cargar co frade ao lombo durante un longo, acciNº 364 194