Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O hipérbato dentro da FN provoca que o adxectivo concorde en xénero e número só co substantivo máis próximo, mesmo en contra do sentido: xa que logo, ?serás por el dend'oje conocida con nome eterno e vida? (v.8) debe entenderse como ?con nome e vida eternos?, pois parece evidente que a cualidade ?eterno? é atribuíble tanto a nome coma a vida. 3. Canto ás terminacións, destacamos en primeiro lugar a alternancia ade (bondade, ciudade, edade, metade, vontade) e ad (bondad, edad, tempestad), a segunda posible representación gráfica tanto da forma truncada bondá, sen consoante fónica final, coma da forma plena bondade con elisión da vogal final. Ademais da maior frecuencia da primeira e do feito de que dúas das formas abreviadas concorren no texto coas variantes plenas, debemos sinalar que en ?e bondad'acharás? (v.97) cómpre a presenza da consoante para impedila sinalefa e que entre bondad acharás, á castelá, ou bondad'acharás, á galega, optamos pola segunda; que a lección ?hasta a edad postreira? (v.78) obrigaría a unha segunda sinalefa moi forzada (?quehastaaedade), polo que en posición anteconsonántica só cabe a forma reducida /e da/; e que en ?despoys da tempestad de tanta guerra? (v.49), ademais do problema do número de sílabas, se uniría a repetición cacofónica . Por tanto, concluímos que o autor ten a variable {dade, dá}, e dela emprega a forma plena como normal e reserva a truncada para cando hai algún tipo de esixencia contextual. O texto axuda tamén a datar a presenza no galego culto de terminacións que forman ou formaron parte do debate académico sobre a configuración do modelo normativo moderno, coma ería (cabalería). Neste sentido, destaca sobre todo a presenza da terminación cia en voces como Galicia, justicia (abreviada en ms. B, pero deducida pola rima con milicia) e gracias, coma a máis culta milicia, fronte a albrizas e primizas, que merecen comentario á parte. En portugués, a partir de PRIMITIA déronse dúas variantes en distintos graos evolutivos: primícias ?primeiras produções? e premissa ?antigo direito que os párocos tinham de receber certa parte das primeiras novidades que as terras produziam?; por tanto, o noso primiza ~ premiça podería ser un testemuño correspondente á segunda voz, cun significado ben acaído ao contexto, e non ultracorrección ou adaptación popular do cultismo primicia. Canto a albrizas, unha das moitas variantes hispánicas a partir do ár. BI ÂRA, é probable castelanismo a partir dun estadio en que aínda non incorporara un i non etimolóxico (cast. ant. albriças, Corominas: s.v.). A estas terminacións pódese engadir o testemuño de e (subst. linage), consonte a forma tradicional, e do adx. soberbio (port. soberbo). O adx. grande ten dúas variantes en posición prenuclear, que non parecen condicionadas fonicamente en sentido estrito, pois a forma en principio antevocálica aparece nos dous contextos no mesmo sintagma (?feço del grande festa e grande emprega?, v.26); no resto dos rexistros aparece a forma anteconsonántica (con gran justiçia, e gran ventura). A escolla entre gran e grande parece ter valor ponderativo vencellado ao cambio de posición (festa grande > grande festa).
?
265
Nº 364