BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Manuel Curros Enríquez
lle a xugada na corte, perdeu a semente, tivo que vender as terras ?prós trabucos?), e que no seu ir polo mundo, nun camiñar sempre baixo duras ameazas (?Curisco que tolle nos albores brúa / i escóitase ó lonxe o Pobo ouvear?), só parece atopar escoita para o seu desespero nese sapo que croa á veira do camiño montesío, e que co seu cego ?¡cro, cro!? vai modulando unha melodía compasiva co noso protagonista (poisque, tras escoitar o laio primerio, cantará ?choroso?, e logo, no remate, xa co vello de camiño polo monte, 18 il quedará ?cos ollos seguíndoo / na escura extensión?) . O protagonismo poemático pode, por veces e significativamente, responder a un signo emblemático ou colectivo, como sucede en ?O maio?. Nesta composición, o noso poeta parte dun coñecido topos relacionado co contexto folclórico das cancións das estacións do ano, aquí a festa do maio que celebra a chegada da primavera, que canta o renacer da vida, o amor e a fecundidade. Un topos de enxalzamento vital e velaí o acerto da composición que o poeta, con procedemento habitual nel (cfr., por exemplo, ?Tangaraños?), desautomatiza poderosamente dando protagonización fronte ós ledos meniños que cantan e piden regalías ó ?probe do pobo galego?, outra imaxe desoladora de suxeito da privación, e acadando así, ó romper coa expectativa costumista, unha intensa dimensión social. O ?probe??, xa que logo, para o que ?sempre é inverno? (apagamento vital, desposesión), contrapón ó ledo e xogoral canto dos nenos unha dramática ladaíña na que resume as súas desgracias e apunta o desexo dun ?maio? unha vida nova que sospeitamos imposible de ver realizada:
Cando eu me atopare de donos liberto i o pan non me quiten trabucos e préstemos, e como os do abade frorezan meus eidos, chegado habrá estonces o maio que eu quero. ¿Queredes castañas dos meus castiñeiros?? Cantádeme un maio sin bruxas nin demos: un maio sin segas, usuras nin preitos, sin quintas nin portas, nin foros, nin cregos. ? (vv. 1732, pp. 468470)
Unha variante dese tipo de protagonización aparece no poema ?As dúas pragas?, engadido na terceira edición (1886). A curiosidade da variante radica na visión plural
Nº 362 182