Manuel Curros Enríquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
hipofora (?¿cómo foi???): a noticia, acentuada no seu traxicismo pola ausencia, o distanciamento do pais; o encontro, cheo de dor, porque o pobre coitado, que sinte a presencia confortadora (?sintindo os meus pasos / revolveu cara min os seus ollos?) mais xa non a pode ver; a revelación, mágoa horrible e confirmación da morte; e remate co que parece ser un xeito de consolación redentora, con esa presencia da ?bolboreta de aliñas douradas? sobre o berce do neno, a modo de sinal espiritual, trascendentalizadora, ou especie de indicio emblemático da fraxilidade e da pureza da inocente víctima (¿salvada?). Outro significativo exemplo do eu como suxeito da privación dáse no poema ?Na morte da miña nai? (Petra Enríquez, finada o día 8 de marzo de 1880). Agora, claro está, o rol familiar que asume na figuración actorial é o de fillo, asolagado na dor, e con obvia constelación de atributos negativos, propios de quen sente esa íntima desolación pola perda do ser querido. Así, e mentres busca quentor e curación das súas feridas na ?doce malenconía, miña musa, / do meu esprito novia feiticeira? a única que parece poder darlle acougo, refuxio, déixanos debuxada a imaxe entrañable da adorada nai (?arruladora e tenra?), evoca a súa figura protectora nos distantes días da infancia, á vez que, nunha sostida melodía da lamentación manifesta os signos da privación que está a vivir:
Dende que te perdín, a terra, o ceo, todo é para min da mesma cor de morte. O sol non me alumea, nin os campos pran min tén frores. ? Do corazón fuxiume esa alegría que é nas frores aroma e vos nos páxaros, i andan por dentro do meu peito os corvos arrevoando. ? (vv. 2932 / 3740, pp. 485486).
Fora xa da esfera ou os ámbitos do eu, a figuración actorial dominante na súa obra pertece ó campo da nonpersoa (il / ela / eles?), practicamente sempre determinados por un rol social, e, máis aínda, mesmo tamén implicados, como protagonistas poemáticos, nun proceso de privación ou de desposesión. Quizás o exemplo máis representativo sexa, ó respecto, o vello do poema ?Noiturnio?, en canto aparece como dramática imaxe da víctima que ten sufrido tódalas desgracias e tódalas explotacións, e que sen esperanza camiña, baleiro, sen consolo nen refuxio, cara o final da súa vida (que desexa, pero que non dá chegado). Víctima, ben de certo, desposuída de todo atributo vivificador, íntimo ou afectivo (soidade pola morte da muller, desamparo porque nin unha esmola recibe) e social (queimóuselle a casa, ardeu
181
Nº 362