Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
??? afiades zanfonas polo ar. ??? gregorián asubío.
Como observamos, a música o trino é o referente máis nomeado para o espacio aéreo. A importancia do canto do paxaro é evidente como elemento metafórico para ese recóndito reino, porque a materialidade do son esvaécese en doce e etéreo fluído, espiritualízase asolagando o sentimento nun puro goce de harmonía transcendido.
e son lecer de longa carballeira bébedo de ronseles polo lume.
Este será un formante da súa poesía e que volveremos a atopar ó longo da súa obra:
A música que me abre as portas, que me brune os fanais, que me amosa incesante perdidas latitudes onde a vida campea vigorosamente co seu tremor irrepetibel... ??? onde a harmonía flúe como un cantar, e onde o tempo está corrompido: rechouchían estrelas no fondal do universo. e nese instante mesmo que a súa man tan ruda colle azas e voa como voan as aves.
As ás xorden como atributos do voo, para alcanzalo espacio celeste:
Fouce de azas no azur. ??? As túas azas segan o nidio azur,labre de muiñeira.
O ímpeto, o vigor da vida fluíndo como poldro a galopar no corazón das árbores, ou caravel florecendo no amencer son imaxes que reforzan esa explosión de vida na natureza. Como contraste deste ámbito do luminoso, encontramos xa en menor medida, imaxes pertencentes ó réxime nocturno, as tebras que connotan melancolía e saudade e que logo nos ciclos posteriores terán unha función relevante. O paxaro da ensoñación, do ensimesmamento o ouriolo que abre as fiestras da tristura:
Meu levián paxaro, compañeiro, das fiestras da tarde, das fiestras de tódolos paxaros apagados. ??? Nai das tebras amarelas do misterio.
A presencia da melancolía, da tristura sérvenos como tránsito para tratar doutro símbolo, a árbore, outra compoñente da súa poética da ascensión. Árbore metáfora do ser
149 Nº 364