BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
espírito. Un pórse en pé na vida coa beleza, a imaxinación e as ilusións. O poeta exprésao con rotundidade neste versos:
Todo o meu froito é luz e follas e azas transparentes.
Escúdase na metáfora da árbore. O froito representa todo aquilo creativo que fai o home e que veñen do máis fondo del. Para Avilés o froito é a poesía que nace dos raizames do seu ser, ó mesmo tempo que é a linguaxe pola que se enuncia a autotransformación, e crecemento cara á luz, de ser paxaro para voar en procura da plenitude na harmonía dos sagrados sons. Una adición polisindética ?é luz e follas e azas?. As follas como imaxes ou testemuños da creación e as ?azas?, como símbolos do voo, expresión dese movemento ascensional, de abaixo arriba que como o zume vivifica facéndonos medrar cara ás moradas da luz. Aspiración, desexo de habitalo ceo paraíso, espacio que nos fai aéreos, case paxaros ou anxos enchidos de luz por riba da poalla da tristura.
son mais home e mais tolo e anxo
O poeta busca os seus amigos, e escolle os paxaros, criaturas do aire:
xílgaro meu amigo nos camiños ??? meu levián paxaro, compañeiro das fenestras da tarde.
Esta irmandade é un religamento coa a natureza a través paxaros, criaturas do aire tamén significa a asunción da vida libre, pura e plena. Avilés poetiza con lírico berro a insubornable forza interior á vida en liberdade:
O rude corazón que se perfila, aínda iniciando o voo, ese pulo que fica tenso no ar para abranguer a vida.
Nesta poética ascensional, Avilés tece unha rede de semas (luz, música / canto) que apuntan indirectamente a ese espacio habitado de paxaros (ás e voo) onde é posible atopala felicidade:
erguido polas frautas do reiseñol de escuma,fíreme docemente. ??? no teu acordeón ferindo o vento. ??? esguía frauta balo. ??? Así no teu cantar crecendo o día medra a ponla por dentro aloumiñada.
Nº 364 148