BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
Sánchez Cantón, ?o novo timonel da erudición galega?, nunha reseña de As cruces, replica nestes termos:
Pero, si debo y quiero callar en lo que a mí atañe, no puedo menos de puntualizar lo que concierne a la sucesión del Seminario de Estudos Galegos. Disuelto este en el mentado año [1936], cumpliendo las normas fijadas en su propio reglamento [...] interrumpiose todo cultivo de los estudios sobre Galicia y se perdieron vocaciones y entusiasmos. El Consejo Superior de Investigaciones Científicas ?creado en 1940?, con generosidad de miras, que los gallegos nunca agradeceremos lo bastante, fundó el Instituto P. Sarmiento en 1943... acogió sin la menor reserva a cuantos habían trabajado en el Seminario dentro de las secciones que podríamos llamar de Letras22.
Fai falta ser cínico para afirmar que o Seminario se disolveu cumprindo as normas fixadas no seu propio regulamento. No verán do 36, a violencia política, de facto, aniquilou a entidade e a actividade do Seminario de Estudos Galegos como aniquilou, da mesma maneira, os partidos políticos e os sindicatos. En canto ós exseminaristas acollidos sen a menor reserva, son moitos os eruditos de hoxe, sobre todo despois dun importantísimo e batallador libro de Isaac Díaz Pardo23, que non ignoran que algúns deles, sobre todo Otero Pedrayo, participaron no novo Instituto conscientes de que era unha operación política pero tamén sospeitando que algo se podía facer (por parte deles, precisamente). Para entender mellor este maniqueo texto, convén saber que a páxina na que figuran estas liñas (e outras) foi suprimida, anos despois, na edición do volume de F. J. Sánchez Cantón Pontevedra y los pontevedreses (Museo de Pontevedra, 1973). A nova institución para os estudios galegos acolleuse a un nome glorioso na historia da erudición galega, o do Padre Sarmiento, intelectual, por outra parte, moi comprometido no seu tempo cos adiantos e as melloras do seu país. Ninguén lle pode discutilo acerto na denominación. Pero un centro de estudios que se rotula con esa advocación (a do Padre Sarmiento) tiña a obriga, prioritaria quizais, de centrar unha parte do seu labor no estudio desa inxente figura, na edición dos seus inéditos (miles de páxinas aínda neses anos) e na edición dos traballos esgotados ou insuficientemente anotados. O que se fixo durante anos e anos foi pouco, moi pouco, e pobre, moi pobre. Xa o propio Sánchez Cantón, en 1945, entoaba esta especie de mea culpa:
Se ha mostrado extrañeza ante la ausencia de Fray Martín Sarmiento en los índices de los tres primeros fascículos de Cuadernos [de Estudios Gallegos] del Instituto amparado bajo su nombre. Aunque en una publicación incipiente pueden tener excusa omisiones tales, para subsanar la señalada, doy a la imprenta tres cartas autógrafas...
Son palabras que inician o seu artigo ?Un miliario descubierto y estudiado por el P. Sarmiento?, publicado no volume III (1945) da revista que era órgano da institución. Pese ós bos propósitos do director, as páxinas sarmentianas en Cuadernos de Estudios Gallegos, antes de 1972, son escasísimas. Quen queira verificalo consulte o volume publiNº 363 16