BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
Sarmiento, antes de lela Carta Prohemio, batera cun códice das Cantigas de Santa María, que, lidas con fruición, chegou á conclusión de que foran escritas en galego, conclusión que lle pareceu a el mesmo ?inaudita paradoxa?. De contado, confesa que estivo ?perplexo muchos años?, pero que, ó lela Carta de Santillana, saíu da súa perplexidade16. Lémbrese que as Cantigas de Santa María, ?de? Afonso X, publicáronse por primeira vez case século e medio despois. Fíxoo o Marqués de Valmar no ano 1889 en edición da Real Academia Española. Noutra ocasión17 referinme polo miúdo ó Sarmiento debruzado sobre este venerable códice de poesía mariánica en galego e cobizoso de encontrar, canto antes, as páxinas poéticas escritas no noso idioma antes da Carta de Santillana, texto co que o noso erudito debeu de soñar máis dunha vez. Este é o Sarmiento que, consciente do fráxil chan que trepa, aférrase ó que sexa con tal de aducir calquera dato que ilustre ?que dea lustre? ó seu idioma. Non ignora Sarmiento que a súa proposta pedagóxica ?a de ensinar ós nenos en galego, un idioma tan subestimado? recibiríase como unha proposta peregrina. Consciente do arriscado da proposta ?ensinar nunha lingua B, diríase hoxe? esfórzase en ver no idioma virtudes intrínsecas que moitos non sospeitan, tantas que no noso vulgar ?un idioma ágrafo? poden explicarse con eficacia conceptos requintados como o da paralaxe en Astronomía. E, meu dito meu feito, Sarmiento, instituído en mestre de primaria, recita a súa lección: ?¡Ai meniño! Olla, se te pos debaixo dun melón que está colgado do faiado...?. A lección figura no parágrafo 20 do Onomástico, ese gran libro. Así pois, Sarmiento, sempre un lexicógrafo e un etimólogo aínda hoxe vixentes, é autor de páxinas, moitas e con calquera pretexto, incursas no xénero erudito que denominamos ?defensa e ilustración? da lingua, dito sexa, unha vez máis, coa terminoloxía inventada por Joachim du Bellay en 1549 (Deffence et illustration de la langue françoyse). 5. O estudio da vida e a edición das obras de Sarmiento nos anos do franquismo: outra singularidade Tamén Sarmiento, post mortem, vai ser singular. O seu nome vai ser utilizado reiteradamente en Galicia por certas persoas e unha institución de nome moi relevante, institución e persoas que utilizaron o seu nome en van, pois nada ou case nada fixeron para estudiala vida do gran polígrafo e editalos libros que máis podían interesar ás persoas con inquedanzas dignas de tal nome. Imos ver como Sarmiento, nese anos, tivo que ir ó exilio na compaña de Castelao, Luís Seoane, Otero Espasandín e Núñez Búa. 5.1. En Galicia: irrelevante labor do Instituto de Estudios Gallegos ?Padre Sarmiento? Esta institución fundouse en Santiago o 15 de febreiro de 1944 e nela integráronse (varios con problemas de conciencia) algúns dos que foran membros importantes do Seminario de Estudos Galegos. Sabido é que o prestixioso Seminario fora clausurado (ou
Nº 363 14