BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
c) ?Es una desalmada necedad poner los niños gallegos a la jerga de la Gramática antes de saber con mucha extensión la lengua gallega... Hazte cargo que al portugués se le enseña el Latín en portugués, al francés en francés... al sueco en sueco, al castellano solo en castellano. Pues ¿qué tiranía es que al gallego no se le enseñe en gallego el Latín? ¿Qué fatuidad es que al niño gallego se le enseñe una lengua innota en lengua castellana que no entiende? Había de quemar todo libro de Gramática que pasase a Galicia y que no estuviese explicado en lengua gallega.? d) ?Tengo evidencia de que un niño gallego si sabe ya bien su lengua entrará como por su casa a entender Latín, y después a entender el castellano mejor que los castellanos mismos.?11 O Padre Sarmiento, como fará, logo, no Onomástico e noutras obras desaproba o método ignotum per ignotum, terminoloxía que o noso pedagogo repite ad nauseam. Quizais non hai en toda a oceánica obra de Sarmiento unha páxina tan precisa e elocuente, como esta carta, sobre os seus insólitos postulados pedagóxicos. Cando, uns e outros, afirmamos que Sarmiento, no XVIII, propuxo e predicou unha escola en galego, eu faría, pola miña parte, unha suxestión. ¿Tiña presente Sarmiento os alumnos todos das escolas primarias (públicas e privadas)? Eu teño a impresión de que Sarmiento pensa, esencialmente, nos alumnos que, xa adolescentes ou mozos, van estudiar carreira (civil ou eclesiástica), para os cales, daquela, aínda era indispensable o latín. Serán estes os que deberían enfrontarse coa Gramática (latina) desde o galego. É o que Sarmiento recomenda para o seu sobriño, que non é un rapaz calquera. Fillo de don Francisco Javier García Sarmiento, douto en Leis e en Botánica e Comisario de Mariña en Pontevedra, todo fai supoñer que Alonsiño, por cultura e economía familiar, está chamado a facer carreira, carreira maior, e, cando elixa o centro de estudios, eclesiástico ou civil, o latín aínda é, nesa altura, indispensable. Repárese que, na carta, Sarmiento empeza falando dos seus dous sobriños, Alonsiño e Matildiña, para celebrar que sexan agudos coma allos. Pero, dito isto, a nena desaparece da carta, porque, en realidade, a quen afecta a pedagoxía do latín é ó neno, a aquel neno rico (máis ou menos), único tipo de alumnos presentes, daquela, nos estudios non moi primarios. As nenas, aínda as Matildiñas (fillas de pais cultos e acomodados), non cotizaban na bolsa da educación máis ou menos elevada. Aínda así, a carta do 28 de xuño de 1758 resulta un documento que compendia moi ben tantas e tantas páxinas dispersas sobre o tema, unha teima, ás veces, para o seu autor. O que máis asombra é que esta extraordinaria páxina da pedagoxía galega permanecese inédita 226 anos: de 1758 a 1984, ano en que a publicou o profesor Pensado Tomé como un dos apéndices de La educación de la juventud12. Supoñemos que o profesor Pensado copiouna da manuscrita obrante na Biblioteca Xeral da Universidade de Santiago de Compostela, fonte que citan, en 1995, Xosé Filgueira Valverde e M.ª Xesús Fortes Alén,
Nº 363 12